Martes 19 Marzo 2024

Divulgar en galego

angel-carracedo2Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”. A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.

Publicidade

Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.

Cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia para poder xulgar criticamente o que nos din

E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.

E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.

Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.

Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.

Texto con motivo da celebración do Mes da Ciencia cedido por Ángel Carracedo 

2 COMENTÁRIOS

  1. Grazas Dr.Ángel Carracedo, a súa labor de achegar a ciencia ós rapaces dun xeito doado e riguroso espertará vocacións científicas seguro, inprescindible para o desenvolvemento da nosa sociedade.
    E como me gusta esa frase “é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres”

  2. Boísimo artigo.

    Son alumna de ciencias da USC, e personalmente a pesares de ser case sempre castelán-falante (pero de pais galego-falantes, non deixa de ser un tanto curioso como acabei falando comunmente castelán…), procurei non aparta o galego da miña vida incluíndo a nivel educativo e científico. Ao principio non era demasiado difícil, sempre había algunha asignatura que daba en galego e sentía que estaba un pouco máis preto, adaptada a nosa terra. Pero a medida que foron aumentando os niveis de estudos, foi desaparecendo esa proximidade. No só castelán, senón que también o inglés facíase case indispensable. Non teño problema en aprender máis idiomas, encantaríame saber moitos, pero non entendo por qué teño sempre que recurrir a un idioma de fora para poder aprender de ciencia, tendo un propio na miña terra que é tan bó e respetable como os demais. As poucas asignaturas que tiña en galego na facultade, cada vez custábame máis levalas, cando antes non tiña problemas e iso entristeceme moito.

    Grazas a todos os que divulgades ciencia en galego 🙂

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

GCiencia cumple un año como medio digital de referencia en Galicia

La web de la ciencia gallega celebra su primer aniversario consolidada entre los ocho primeros diarios de Galicia en Internet y primer nativo digital

GCiencia cumpre un ano como medio dixital de referencia en Galicia

A web da ciencia galega celebra o seu primeiro aniversario consolidada entre os oito primeiros diarios de Galicia en Internet e primeiro nativo dixital

Excellent Oportunitas

O primeiro aniversario de GCiencia bríndame unha dobre oportunidade. Dunha banda permíteme...

Divulgar ciencia no es tarea fácil

La divulgación científica tiene como finalidad hacer accesible la ciencia al...