Que se saiba

Xosé Luís Armesto, reitor da UDCUnha das teorías clásicas sobre a divulgación científica atríbuelle a esta dúas cualidades: que as explicacións se fagan fóra do ensino estruturado oficial e  que o seu obxectivo non sexa a formación de especialistas.

As informacións sobre temas de ciencia e tecnoloxía xa non son unha rareza nos medios de comunicación. Abonda entrar en calquera xornal dixital para topármonos con algunha. Nas dúas últimas décadas, ao compás do desenvolvemento da investigación en todo o Estado e da irrupción das novas tecnoloxías, medrou de xeito exponencial o interese polas novas e as reportaxes de ciencia e tecnoloxía. Material informativo que a sociedade demanda, que circula por fóra do sistema educativo e que, certamente, non se dirixe aos profesionais de cada ramo, que dispoñen doutros condutos específicos e especializados.

Publicidade

Interesan, e moito, os avances científicos, tanto os básicos como os que teñen aplicación tecnolóxica inmediata. Ás veces pola súa incidencia na vida cotiá. Outras, pola súa trascendencia ou porque abren novas fronteiras para o coñecemento humano. En todo caso, porque os rápidos avances da ciencia e da tecnoloxía, difundido case ao instante por todo o mundo, condicionan o nivel de vida, o progreso económico e o progreso cultural.

Calquera iniciativa da divulgación científica é boa se ten o rigor por bandeira, como procura Gciencia desde o seu nacemento

Cómpre subliñar tamén que a sociedade, en paralelo co seu maior ou menor grao de sensibilidade e de cultura científica, quere e ten dereito a saber en que se invisten os recursos (públicos e privados) destinados á investigación.

Publicidade

Admitamos que ata non hai moitos anos, universitarios e científicos consideraban a divulgación como un tema menor. Mesmo con certa displicencia. En boa medida ese distanciamento procedía do medo á espectacularización das informacións, ás imprecisións e ás simplificacións.

Para a Universidade da Coruña, calquera iniciativa no ámbito da divulgación científica é boa, se ten o rigor por bandeira como coido que procura Gciencia desde o seu nacemento. Se, ademais, se edita en galego, mellor que mellor, porque serve como exemplo a seguir e como estímulo para facermos máis ciencia na lingua propia.

As universidades necesitamos difundir o que investigamos. Os nosos obxectivos e os nosos resultados. Temos que fortalecer a propia imaxe, dentro e fóra dos campus. Do mesmo xeito, a comunidade universitaria ten que saber en que se está a investigar e a innovar noutras universidades, nos centros tecnolóxicos e nas empresas de aquí e de acolá.

A ciencia non é algo que só fan outros noutros predios, noutros países. Facémola nós. Co noso talento e cos recursos que xeramos e captamos. Que se saiba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

GCiencia cumple un año como medio digital de referencia en Galicia

La web de la ciencia gallega celebra su primer aniversario consolidada entre los ocho primeros diarios de Galicia en Internet y primer nativo digital

GCiencia cumpre un ano como medio dixital de referencia en Galicia

A web da ciencia galega celebra o seu primeiro aniversario consolidada entre os oito primeiros diarios de Galicia en Internet e primeiro nativo dixital

Excellent Oportunitas

O primeiro aniversario de GCiencia bríndame unha dobre oportunidade. Dunha banda permíteme...

Divulgar ciencia no es tarea fácil

La divulgación científica tiene como finalidad hacer accesible la ciencia al...