prueba cancer

Un test de alento pode detectar cancros en minutos

As primeiras probas botan unha precisión do 90% no diagnóstico

Un simple test similar ao dos controis de alcoholemia pode detectar cancros de estómago e esófago, dous dos máis mortais, en cuestión de minutos. Así o revela un primeiro estudo clínico, publicado na revista Annals of Surgery, que detalla unha proba de alento que pode dar un diagnóstico co 90% de precisión.

O novo test presenta outras vantaxes fronte a probas convencionais de laboratorio, que adoitan demorarse durante horas, xa que ademais evítase a necesidade de realizar unha endoscopia, cunha sonda no interior do corpo do paciente. E tamén supoñería, de xeneralizarse, un importante aforro para a sanidade pública.

O test evita as endoscopias e distingue entre tumores benignos e malignos

O test evita as endoscopias e distingue entre tumores benignos e malignos

Para facerse a proba, os pacientes simplemente deben respirar a través dun dispositivo que recolle os olores distintivos producidos por tumores canceríxenos. Os científicos que a desenvolveron pertencen ao Imperial College de Londres, a prestixiosa universidade británica especializada en ciencia, enxeñaría, medicina e negocios, e sosteñen pode discriminar entre tumores malignos e benignos dende a primeira análise.

Un ensaio que incluíu a máis de 200 pacientes botou uns prometedores resultados, que agora se ampliarán noutro novo que involucrará a tres hospitais de Londres. A noticia chega despois de que investigadores en Israel reportasen un avance similar en abril.

Os de estómago e o esófago constitúen 15% de todas as mortes por cancro. Ambos os dous son xeralmente diagnosticados en etapas avanzadas, xa que rara vez causan ningún síntoma perceptible dende o principio. As taxas de supervivencia a longo prazo no Reino Unido son o 13% para o cancro esofáxico e 15% para o gástrico.

O ensaio cos 200 primeros pacientes botou uns resultados prometedores

O profesor George Hanna, autor principal do estudo, subliñou que os cancros de esófago e gástricos están en aumento no Reino Unido, con máis de 16.000 novos casos diagnosticados cada ano.

“O método actual para detectar estes cancros é caro, invasor e polo xeral faise un diagnóstico nunha etapa avanzada e, a miúdo o cancro diseminouse outras partes do corpo. Isto fai que sexa máis difícil de tratar e os resultados nas taxas de supervivencia pobres a longo prazo”, resaltou.

“A nosa proba de alento podería facer fronte a estes problemas, xa que pode axudar a diagnosticar pacientes con síntomas non específicos temperáns, así como reducir o número de endoscopias invasoras levadas a cabo nos pacientes, que a miúdo conducen a resultados negativos. O diagnóstico nunha etapa temperá podería salvar máis vidas“, engadiu Hanna.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.