Venres 26 Abril 2024

Paraselenes en Alasca

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Saarloos
Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Saarloos

Explicación: que está a pasar no ceo? O luar alumea unha escena nevada nesta paisaxe celeste e terrestre nocturna feita en xaneiro de 2013 desde Lower Miller Creek (Alasca), EUA. O propio cuarto crecente da Lúa aparece sobreexposto preto do montañoso horizonte occidental, arrodeado por un halo xeado e flanqueado a esquerda e dereita por paraselenes. Chamados ás veces falsas lúas, un nome máis cientíco para as aparicións luminosas é o de paraselenes (N.T.: no orixinal inglés, úsase o termo “moondog” que non ten equivalente en galego, máis alá dun literal “cans da lúa”; polo que empregamos no título xa a denominación científica de “paraselenes”). Un paraselene, coma no caso dun parhelio (N.T.: “sundog” no orixinal ou “can do sol”), é provocado polo luar refractado ao través dos cristais de xeo delgados, hexagonais e planos das nubes cirrus altas. Tal e como determina a xeometría do cristal, os paraselenes óllanse a un ángulo de 22 graos ou máis desde a Lúa. Comparados co brillante disco lunar, os paraselenes son débiles e máis sinxelos de ollar cando a Lúa está baixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón