Venres 26 Abril 2024

Mirasoles de Saggitarius

Créditos da imaxe e Copyright: Andrew Campbell
Créditos da imaxe e Copyright: Andrew Campbell

Explicación: estas tres nebulosas brillantes se amosan a miúdo en paseos telescópicos da constelación Sagittarius e os ateigados campos estelares da Vía Láctea central. De feito, o turista cósmico do século XVIII Charles Messier catalogou dúas delas; M8, a nebulosa grande á esquerd do centro e a colorida M20 preto do fondo do cadro. A terceira, NGC 6559, está á dereita de M8, afastada das nevulosas máis grandes por corredores escuros de po. As tres son garderías estelares a uns cinco milleiros de anos luz de distancia. A extensa M8, cun cento de anos luz de diámetro, tamé é coñecida coma a nebulosa da Lagoa. O alcume popular de M20 é a Trífida. Na imaxe composta, os datos de banda estreita rexistran os átomo s ionizados de hidróxeno, osíxeno e xofre, que radian en lonxitudes de onda do visible. O cartografado de cores e o rango de brillo usado para compor esta natureza morta cósmica foron inspirados no famoso cadro de Van Gogh Xirasois. Xusto á dereita da Trífida, un dos cúmulos estelares abertos de Messier, M21, tamén está incluído no lenzo telescópico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón