Venres 26 Abril 2024

Aprende a facer os teus propios videoxogos na UDC

O vindeiro sábado, 7 de maio, a Facultade de Informática, en colaboración co Colexio Profesional de Exeñeiros Técnicos en Informática de Galicia (CPETIG) organiza o Scratch Day, un evento dirixido a nenos e nenas de 10 a 14 anos aos que se lles ensinará a facer o seu propio videoxogo.

Durante toda a xornada, na Facultade de Informática celebraranse talleres gratuítos de niveis básico e avanzado de scratch orientados a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos. Os pequenos terán a oportunidade, entre outras moitas actividades, de poder desenvolver o seu videoxogo.

Publicidade

O scratch é unha linguaxe de programación feito a base de bloques que se pegan, ao estilo dos xogos de construción, e que fai que sexa moi doado o achegamento ás nenas e nenos dende un enfoque didáctico e divertido. O Scratch Day é a celebración a escala global desta linguaxe, impulsada polo MIT Media Lab de Massachusetts (EEUU), para difundir o seu coñecemento. O día elixido pola universidade americana para a celebración do Scratch é o sábado 14 pero na Facultade de Informática adiantouse a este sábado.

A actividade é gratuíta previa inscrición.

Un exemplo do que son capaces de facer os alumnos é este vídeo realizado en homenaxe a Manuel María (para poder visionalo hai que facelo desde un ordenador).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar