Dúas compañías galegas desenvolverán ‘kits’ de biopsia líquida contra o cancro

AMSlab e Nasasbiotech participan nun proxecto do Servizo Andaluz de Salud para mellorar o diagnóstico e o tratamento de tumores de mama, colon e pulmón

As empresas biotecnolóxicas galegas AMSlab (con sede en Lugo) e Nasasbiotech (A Coruña) desenvolverán, no marco dun dos primeiros proxectos asociados á Compra Pública de Innovación, Diagnóstico e Tratamento de Precisión en Enfermidades Infecciosas e Cancro, unha serie de solucións clínicas destinadas a optimizar a detección e tratamento, en concreto, de tumores de mama, colon e pulmón, tres dos máis frecuentes na poboación.

O Proxecto Biopsia Líquida no que toman parte as compañías galegas está impulsado polo Servicio Andaluz de Salud. É englóbase nunha estratexia do sistema sanitario público de Andalucía que pretende identificar necesidades asistenciais non cubertas, como servizos e produtos avanzados que aínda non están no mercado­, para que a industria ofreza solucións innovadoras.

Publicidade

O laboratorio AMSlab, experto en control de calidade de diferentes sectores; e Nasasbiotech, especializada no desenvolvemento de solucións clínicas novas para mellorar o diagnóstico, prognóstico e tratamento do cancro, resultaron adxudicatarias a través dunha Unión Temporal de Empresas (UTE) para dar vida ao proxecto sobre a biopsia líquida. As dúas compañías son socias do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

O Proxecto Biopsia Líquida

Así, a investigación desenvolverá probas de precisión non invasivas que permitan a identificación e caracterización de biomarcadores en sangue para a personalización e monitoraxe do tratamento aos pacientes, a través dun protocolo clínico integral sobre a análise de biopsia líquida. O proxecto trata de conseguir mellorar o diagnóstico e prognóstico de pacientes e a eficacia de terapias, algo que incide na saúde da persoa afectada pola enfermidade e tamén na sustentabilidade do sistema sanitario.

En primeiro lugar, o Proxecto Biopsia Líquida traballará na obtención de kits diagnósticos que permitan a identificación e caracterización de biomarcadores en sangue (a través de células tumorales circulantes, CTCs, e vesículas extracelulares, EVs) de forma non invasiva, facendo posible un seguimento do paciente e predicir precozmente as potenciais recaidas así como a monitoraxe da resposta ao tratamento dunha forma personalizada.

En segundo lugar, a validación e establecemento de plataformas innovadoras dunha guía clínica integral adecuada sobre análise de biopsia líquida baseada nos mencionados biomarcadores sanguíneos (CTCs e EVs) que irá desde a recollida de mostra ata a decisión clínica.

Despois do proceso de investigación e innovación das empresas adxudicatarias, avanzarase en solucións innovadoras para pacientes con tumores de mama, colon e pulmón. A iniciativa, integrada no proxecto Diagnóstico e Tratamento de Precisión en Enfermidades Infecciosas e Cancro, está cofinanciada ao 80% con fondos FEDER procedentes dos Programas de Fomento da Innovación desde a Demanda en Saúde (FID-SAÚDE), que xestiona o Ministerio de Ciencia e Innovación en colaboración coas comunidades autónomas, así como con fondos propios do Servizo Andaluz de Saúde (SAS). Concretamente, este proxecto está soportado polo convenio subscrito o 4 de decembro de 2017 entre o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (actualmente Ministerio de Ciencia e Innovación) e o Servizo Andaluz de Saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha vacina de ARNm reprograma o sistema inmune para atacar o cancro cerebral máis letal

O avance dun grupo de investigadores da Universidade de Florida probarase nun ensaio clínico pediátrico contra o glioblastoma

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor