Localiza a túa casa no mapa de Domingo Fontán

Xa é posible ubicar a situación aproximada da nosa casa, a praza do noso concello ou calquera outro lugar da xeografía galega no mapa que hai agora 200 anos comezou a elaborar o matemático Domingo Fontán. O visor xeográfico do Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Xunta, ofrece desde hai varias semanas a posibilidade de empregar o mapa de Fontán como mapa de fondo para explorar o territorio galego.

Para facer a búsqueda, hai que entrar desde o noso navegador na dirección do visor (http://mapas.xunta.es/visores/basico/) e seleccionar na barra de ferramentas da dereita o mapa que imos empregar como fondo, tal e como podemos ver nesta imaxe:

Publicidade

Pódese seleccionar a Carta Xeométrica como mapa de fondo e buscar un enderezo concreto.
Pódese seleccionar a Carta Xeométrica como mapa de fondo e buscar un enderezo concreto.

Tras facer esta selección, é posible buscar na Carta Xeométrica un enderezo concreto tras facer clic na lupa que aparece na parte superior esquerda do visor. Amais, na selección de capas, pódense proxectar sobre o mapa de Fontán numerosos datos actuais, como a rede de estradas existente hoxe en día, o curso dos ríos, os límites administrativos os usos e a composición xeolóxica do solo, entre outras variables.

Aínda que a precisión do mapa de Fontán foi enorme, non era milimétrica. Así, ao superpoñer os enderezos actuais sobre a Carta Xeométrica, a ubicación non se corresponde exactamente coa real. Así, nalgunhas zonas costeiras, os enderezos están situados sobre o mar. Con todo, o visor aporta unha información cun enorme valor histórico.

6 COMENTÁRIOS

  1. la idea sería muy buena… si rulara. pero llevo un rato y no rula, y las coordenadas dice que están “fuera de rango”…

  2. Esta iniciativa paréceme moi importante, porque permite a recuperación dun patrimonio histórico tan noso como é o mapa de Fontán, para o seu uso cotiá. Noraboa aos autores da idea. Moi bo traballo…!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos