Por que Galicia ten tantas augas termais?

Galicia xa tiña sona de ‘paraíso’ termal durante a época romana. Hai vestixios daquel tempo en lugares que hoxe conservan a tradición de balneario: Bande, Carballo, Cuntis, Baños de Molgas ou Lugo, entre outros. Unha fama que se conserva hoxe en día, con máis de 300 mananciais espallados polo país. Pero por que hai tantas augas termais aquí?

Estamos asentados sobre un afloramento de rochas metamórficas e ígneas, como o granito, a lousa e os xistos, pouco permeables, polo que a auga non se infiltra nelas. Amais, sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra, hai numerosas fendas na codia terrestre producidas en anteriores etapas xeolóxicas do planeta que permiten o paso da auga a través delas. Debido a estas fendas e á maior temperatura do interior da Terra, estas augas subterráneas ascenden cara a superficie, erosionando e arrastrando diferentes minerais das rochas coas que se topan e que incorporan en forma de disolución.

Publicidade

Así, dependendo do tipo de composto que arrastren, estas augas teñen unhas determinadas propiedades medicinais. En Galicia, a maior parte das zonas termais caracterízanse por augas bicarbonatadas sódicas, cálcicas ou mixtas, e en moitos casos, sulfuradas. Empréganse para tratar doenzas reumáticas e traumatolóxicas, cutáneas, respiratorias ou nerviosas. En ocasións, recoméndanse como bebida para as afeccións de fígado e estómago.

Por outra banda, nalgúns casos, tamén incorporan elementos como o cloro, o flúor ou o ferro. Estas augas poden ter beneficios, respectivamente, para os ósos e a pel, a carie ou a anemia.

Publicidade

No noso territorio, a gran cantidade de fontes termais permitiu que se desenvolvera unha industria turística e de servizos moi importante nalgunhas zonas do país. Galicia representa unha importante parte do turismo termal en España, con milleiros de visitantes que acoden a mellorar a súa saúde.

logo_MEIC_FECYT_Web

 

1 comentario

  1. Y además porque pertenece a la orogenia hercinica mas antigua que permite el desarrollo de zonas fracturadas profundas?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Cando Anne Carson percorreu (e describiu) o Camiño de Santiago

Unha análise da viaxe da Premio Nobel de Literatura plasmada na súa obra ‘Tipos de auga’. Por Carmen García Navarro