Venres 26 Abril 2024

Inscrición aberta para a XIII Olimpíada Galega de Bioloxía

Os estudantes galegos de 2º de Bacharelato que cursen Bioloxía durante este curso poden inscribirse xa na 13ª edición da Olimpíada de Bioloxía, na súa fase autonómica galega. O certame está convocado pola Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB), o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, as tres universidades galegas e a Xunta.

O prazo está aberto ata o venres 17 de novembro, e o certame terá lugar o 12 de xaneiro de 2018 na Facultade de Bioloxía da UVigo. A proba consistirá nun exame teórico tipo test e unha proba práctica sobre contidos da materia nos programas de ESO e Bacharelato, centrados na base molecular e físico-química da vida.

Publicidade

A Olimpíada ten por obxectivo fomentar os estudos relacionados con esta materia e promover o interese pola investigación entre os estudantes. O ano pasado participaron 115 estudantes de 35 centros educativos.

Para animar á participación do profesorado na Olimpíada, a Consellería de Educación aprobou un convenio que a recoñece como actividade de innovación educativa. Así, para promover a actualización metodolóxica e científica dos docentes, e para fomentar unha aprendizaxe activa e participativa, certificarase a participación do profesorado na fase autonómica con 15 horas de formación ao profesorado, e de 25 horas no caso da fase nacional.

A inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora

O impacto da intelixencia artificial na educación sexual

Por María José Figueiredo e Daniel González Peña, da UVigo, e Ricardo Fandiño Pascual, da USC

“A loita contra o lume necesita dunha nova narrativa nos centros educativos”

María Isabel Doval, investigadora da UVigo, quere desenvolver novos recursos que coloquen as escolas rurais no quilómetro cero da prevención de incendios