O impacto da intelixencia artificial na educación sexual

*Un artigo de

O espazo dixital converteuse nun dos contextos sociais que maior afluencia ten entre os adolescentes. Este escenario virtual úsase para establecer e manter relacións, particularmente entre aqueles que están na segunda etapa do ensino obrigatorio. Os adolescentes empregan as redes sociais non só para consumir entretemento, senón tamén para iniciar e manter relacións de amizade e, con frecuencia, relacións amorosas e sexuais.

Publicidade

O uso xeneralizado da internet creou un modelo de cibercultura que está a impregnar moitas das decisións que tomamos. Tamén aquelas que involucran á nosa sexualidade e intimidade.

Novos escenarios sen tabús

Este salto ao espazo dixital creou, de forma abrupta e sen levar a cabo unha educación sexual formal, novos escenarios para vivir e experimentar a intimidade. Ofrece a posibilidade de acceder, facilmente, a unha gran variedade de contendidos sexuais que puxeron fin ao ocultismo e ás restricións do pasado. Por tanto, o tabú da sexualidade na infancia non cumpre a función de control social que tivo noutros tempos.

Publicidade

No momento actual, a curiosidade dos mozos acerca do sexo sáciase facilmente a través de calquera motor de procura no mundo dixital. Estímase que un de cada catro homes accede a contidos pornográficos a través de internet antes dos 13 anos. Estes primeiros achegamentos aos contidos sexuais prodúcense, na maioría dos casos, en ausencia do acompañamento dun adulto responsable que axude a interpretalos de forma adecuada e crítica.

Redes e algoritmos que nos guían

A presenza da intelixencia artificial na internet é cada vez máis notoria. Non só a atopamos nas actualizacións e notificacións das redes sociais senón tamén nas procuras que realizamos.

O uso que se está facendo, hoxe en día, dos algoritmos da intelixencia artificial encérranos en cámaras eco onde os contidos aos que accedemos e atendemos son, con bastante probabilidade, nesgados e parciais pero altamente estimulantes, porque responden ao que queremos percibir e escoitar.

Este nesgo cognitivo da atención impídenos analizar e interpretar a realidade de forma crítica, diversa e non polarizada. Sitúanos, por tanto, nunha posición concreta que guiará a nosa conduta e as nosas emocións e que funciona a modo de patrón ou esquema cognitivo, a partir do cal avaliamos e interpretamos a realidade.

Intelixencia artificial e contido sexual

Cando accedemos a contidos pornográficos, os algoritmos favorecen a grandes plataformas de distribución que parecen estar a impulsar unha escalada cara a contidos cada vez máis violentos.

Por outra banda, os filtros de imaxes corporais que se empregan tenden a construír estéticas idealizadas e escasamente realistas, sen imperfeccións e cunha marcada influencia do modelo patriarcal.

Ao que debemos engadir a posibilidade que ofrecen as intelixencias artificiais xenerativas de crear DeepFakes, é dicir, contidos pornográficos fraudulentos nos que se substitúe a cara dunha persoa por outra. A exposición a estes contidos pode confundir e distorsionar a percepción da sexualidade durante a infancia e a adolescencia. E, nalgúns casos, pode ter efectos nocivos na súa saúde mental e física.

Todo iso vai impactar significativamente no imaxinario sexual dos máis novos, tanto pola inmaturidade do seu cerebro como pola súa limitada capacidade de cribado moral. Por iso é polo que as institucións que traballan con poboación adolescente, e que recoñecen as necesidades inminentes que se derivan do mundo dixital demanden o asesoramento e implicación de investigadores especializados neste ámbito concreto.

Educación sexual: evidencias científicas

O noso proxecto de aprendizaxe–servizo HUMANIZATRICs, enmarcado na materia de Xénero, violencia e intervención social do grao de Traballo Social da Universidade de Vigo, trata de responder a estas demandas cunha proposta formativa sobre educación sexual de carácter interdisciplinar. Está destinada, por unha banda, a profesionais que traballan con adolescentes e, por outro, a estudantes do último curso do grao de Traballo Social.

De forma paralela, exponse un programa formativo e educativo con adolescentes en risco de exclusión social, que pretende favorecer o desenvolvemento dunha perspectiva crítica do imaxinario pornográfico a partir de tres áreas temáticas fundamentais:

  • Principios básicos da psicoloxía (habituación fronte a sensibilización, percepción social e lei de conformidade).
  • Intelixencia artificial (conceptualización, funcións, beneficios, e riscos).
  • Educación sexual (sexualidade no mundo contemporáneo, a normalidade da diversidade sexual, erótica, pornografía, estereotipos de xénero, estereotipos asociados á violencia de xénero, a ética das relacións sexuais).

As tres foron abordadas desde unha perspectiva de xénero, xa que os nesgos de xénero están moi presentes non só no deseño dos medios tecnolóxicos da internet e nos grandes datos dixitais senón tamén nos contidos obxecto de estudo.

Un novo reto educativo

Os contidos sexuais no contexto dixital non están exentos da influencia da intelixencia artificial. Esta combinación pode resultar preocupante cando as principais medidas de actuación pasan unicamente por establecer estratexias de seguridade e control, ignorando que nos achamos ante un novo reto educativo.

Temos o deber de formarnos, e de formar nos fundamentos, nas capacidades e nos obxectivos que hai detrás destes sistemas. Tamén temos que recoñecer o dereito da infancia e a adolescencia para recibir unha educación sexual integral, que inclúa a parte cognitiva, emocional, física e social da sexualidade, sen esquecernos da ética.


*María José Vázquez Figueiredo é profesora da área de Psicoloxía Básica na Universidade de Vigo. Está especializada na prevención da violencia, comportamentos antisociais e delitivos. Daniel González Peña é profesor de enxeñaría informática da Universidade de Vigo. Ricardo Fandiño Pascual é profesor asociado do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Cláusula de divulgación: As persoas asinantes non son asalariadas, nin consultoras, nin posúen accións, nin reciben financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declararon carecer de vínculos relevantes máis alá do cargo académico citado anteriormente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Recuperados catro textos xacobeos inéditos anteriores ao ‘Códice Calixtino’

Joel Varela, profesor de filoloxía na USC, elabora unha monografía que incorpora novas versións do relato da translación, clave para a historia das peregrinacións a Compostela

Un estudo galego propón o emprego de residuos orgánicos para substituír o petróleo

O investigador Ander Castro Fernández procura a obtención de ácidos graxos volátiles, moi demandados pola industria química, a partir de produtos menos contaminantes

atlanTTic abre as súas portas para divulgar os últimos avances en telecomunicacións

A primeira actividade consistirá na instalación dun punto informativo na rúa do Príncipe, en Vigo, para dar a coñecer as investigacións do centro

As moléculas precursoras da vida na Terra teñen orixe extraterrestre? Así o estuda a USC

Un equipo do CiQUS desenvolve un programa capaz de buscar automaticamente os mecanismos de reacción e aplicalo á química interestelar