Cecilia Dal Zovo, co seu galardón. Imaxe: CSIC.

Cecilia Dal Zovo, co seu galardón. Imaxe: CSIC.

Premian ao Incipit de Santiago por un traballo sobre unha montaña sagrada de Mongolia

Cecilia Dal Zovo foi galardoada polo Instituto Internacional de Estudos Asiáticos na categoría de Humanidades

A investigadora Cecilia Dal Zovo, do Instituto de Ciencias do Patrimonio de Santiago de Compostela (Incipit), adscrito ao CSIC, acaba de ser recoñecida co premio ICAS 2017, que outorga o Instituto Internacional de Estudos Asiáticos, na categoría de Humanidades, polo seu traballo sobre a montaña sagrada de Ikh Bogd Uul, en Mongolia.

A tese, defendida na USC en 2016 coa calificación de sobresaliente cum laude, indaga desde un punto de vista multidisciplinar nos túmulos desta montaña mongola e a súa relación coas comunidades nómades do seu entorno. Por primeira vez ofrece unha catalogación completa destes monumentos, con datos e datas sobre a súa construcción, as modificacións que sufriron e como influíron nos ritos realizados na zona.

Cecilia Dal Zovo é licenciada en Arqueoloxía Prehistórica pola Universidade de Padova (2007). Desde 2008 traballa no Incipit, onde se doutorou o ano pasado. Realizou estancias na National University of Mongolia, en Cambridge e no Consello Nacional de Investigación de Italia.

Os premios ICAS, impulsados polo Instituto de Estudos Asiáticos de Leiden (Países Baixos), celébranse desde 2004, e teñen por obxectivo distinguir os mellores traballos académicos de Ciencias Humanas e Sociais sobre Asia. Nesta edición, optaron aos galardóns arredor de 330 libros e 125 teses de doutoramento.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.