morcegos

Éxito de participación no obradoiro sobre morcegos do Museo de Historia Natural

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organizou estas fins de semana pasadas dous roteiros nocturnos sobre morcegos que xeraron tanta expectación que deixaron en listaxe de agarda a preto de cen persoas.

A actividade, desenvolvida por segundo ano consecutivo e en colaboración con Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente, conduciuna o biólogo Xosé Pardavila, que comezou a ruta no Museo cunha breve charla sobre a bioloxía e o estudo dos morcegos para logo percorrer de noite os parques e zonas verdes da contorna empregando detectores de ultrasóns que permitiron escoitar e identificar os animais.

Asociación de Amigos do Museo Natural da USC ten por obxecto promover o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e colaborar na protección dos recursos naturais, especialmente no relativo ás funcións que debe cumprir un museo como o compostelán: científicas, culturais, educativas e recreativas, tanto para os membros da Asociación como para o público en xeral. Os socios, entre outros dereitos, poden entrar ao Museo de balde todo o ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.