Xoves 25 Abril 2024

A USC recoñece co I Premio Luís Porteiro Garea o compromiso co galego do profesor Manuel Bermejo

“Hoxe é un día moi grande, o dunha inmensa honra por recibir este premio da miña Universidade”. Así comezaba moi emocionado no Paraninfo o seu discurso de agradecemento o profesor emérito de Química Inorgánica da USC Manuel Bermejo Patiño tras recibir de mans do reitor, e con todo o público en pé, o I Premio Luís Porteiro Garea de promoción e uso do galego.

Bermejo, que quixo compartir o premio con todo o seu alumnado e colegas, afirmou non ter tido “nunca” ningún tipo de “atranco” por publicar investigación e impartir docencia en galego “alá polos anos 70”, e advertiu do risco que “si corre a nosa lingua hoxe, cando parece que non é algo esencial”. “A lingua é do pobo –dixo-, e temos que concienciarnos da súa necesidade”. Nesa defensa da lingua galega en todos os ámbitos da vida, tamén no académico, o profesor galardoado reclamou unha normativa lingüística na Universidade. “Só así acadaremos nesta casa o bilingüismo auténtico que desexamos”, sentenciou.

Publicidade

Pola súa banda, Viaño destacou a “fundamental achega” de Manuel Bermejo á consolidación da lingua galega como idioma da universidade “tanto na docencia como na investigación”. “Non só fixo gala dunha praxe docente en lingua galega desde un momento en que tal opción lingüística supuña aínda máis atrancos dos actuais, senón que tamén fixo do noso idioma parte importante da investigación e da posta a disposición da sociedade daqueles resultados máis relevantes que dela emanaban”, afirmou o reitor.

A faceta máis humana de Manuel Bermejo centrou a loa do profesor da Facultade de Ciencias da Educación Vieito Silva Valdivia, que falou dos seus innumerables “méritos intanxibles” e destacou un trazo “moi marcado” do seu carácter como é “a capacidade para catalizar, para tecer redes”. Aproveitou tamén para reivindicar unha maior atención á lingua galega. “Ao plurilingüismo que inclúe unha lingua minorizada só se pode chegar partindo desta, e actos coma este esixen que reflexionemos sobre esta cuestión”, afirmou.

Premio Luis Porteiro
O xurado decidiu por unanimidade concederlle o galardón ao profesor Bermejo polo seu compromiso coa lingua galega dende o inicio da súa carreira docente nos anos sesenta, “os seus esforzos para incorporala de xeito normal na docencia e na divulgación da ciencia, as súas publicacións en galego e as moitas que promoveu durante a súa etapa como director do Instituto de Ciencias da Educación”.

Puxo ademais en valor o “esforzo levado a cabo polo catedrático de Química para estender o uso do galego dende os postos de alta responsabilidade que ocupou na propia USC e na CIUG” así como a pegada “que o seu compromiso deixou en miles de alumnos e alumnas, algúns deles hoxe docentes no ensino medio e na propia universidade”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos