Venres 26 Abril 2024

A Coruña acolle o I Encontro da Noite para promover a defensa dos ceos limpos

O vindeiro sábado 12 de maio, o Centro Ágora da Coruña acollerá o I Encontro da Noite, organizado pola Agrupación Astronómica Ío, coa colaboración do Concello da Coruña. A contaminación luminosa, a defensa e preservación da escuridade e do patrimonio nocturno serán os temas centrais do encontro, que será gratuíto e aberto ao público. Durante o todo o día haberá conferencias e actividades públicas sobre estes asuntos. O día anterior, para abrir o encontro, haberá unha sesión especial no planetario da Casa das Ciencias ás 20.30 horas. A inscrición pode formalizarse nesta ligazón:

Esta é a programación completa:

10:15 – Portugal: a noite veste­se de branco. Conferenciante: Raul C. Lima, Físico, Profesor Adxunto da Escola Superior de Saúde / Instituto Politécnico do Porto.

10:45 – Ver a noite e ver à noite: compreender a Lisboa nocturna entre o século XVIII e XIX. Conferenciante: Rosa Maria Fina, Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias da Universidade de Lisboa.

11:35 – Descanso.

12:00 – El cielo andaluz: patrimonio natural y recurso científico, económico y cultural. Estrategia para su preservación. Conferenciante: Ángela Ranea, Servicio de Calidad del Aire, Dirección General de Prevención y Calidad Ambiental (Junta de Andalucía).

12:50 – Presentación do libro “Hicimos la luz y perdimos la noche” (Editorial Universidad de Cantabria). Conferenciante: Emilio S. Barceló, Catedrático de Fisioloxía Humana da Universidade de Cantabria. Nota: haberá un posto de venda do libro durante a sesión, en colaboración coa Libraría Azeta. Sinatura de exemplares do libro e fin da sesión da mañá.

16:00 – Sesión de relatorios moderada por Salva Bará. 

Relatorio 5: Papá, quiero ver las estrellas en la ciudad. Conferenciante: José Enrique Alcázar, enxeñeiro industrial municipal, servizo de iluminación pública do Concello da Coruña.

Relatorio 6: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la empresa privada. Conferenciante: Susana Malón, CEO Lumínica Ambiental.

Relatorio 7: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la administración local. Conferenciante: Josep M. Ollé, técnico de iluminación e profesor da Universitat Rovira i Virgili.

17:15: Sesións paralelas:

1– A noite é necesaria. A contaminación luminosa contada desde os planetarios. Conferenciante: Marcos Pérez, Director dos Museos Científicos Coruñeses. Actividade aberta ao público xeral.

2 – Por un pacto de País para a preservación da Noite. Participan: representantes dos grupos políticos do Parlamento de Galicia, Ana Ulla (astrofísica, Universidade de Vigo), Ángela Ranea. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.

3 Retos para a iluminación de excelencia en Galicia. Participan: Ángel G. Calvo (CEI Galicia), Salva Bará (Profesor e investigador, Universidade de Santiago), Susana Malón, Josep M. Ollé e técnicos e profesionais da iluminación en Galicia. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.

18:45 – Descanso.

19:00 – Mesa redonda: Recuperar a noite. Conclusións da xornada. Participan: Ana Ulla, Ángel Calvo, Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío).

19:45 – Clausura da xornada.

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844