Venres 26 Abril 2024

A Conferencia de Decanos de Matemáticas publica a Declaración sobre o presente e futuro das Matemáticas en España

A Conferencia de Decanos de Matemáticas que preside a profesora da USC Mª Victoria Otero Espinar acaba de publicar a Declaración sobre o presente e futuro das Matemáticas en España co apoio e adhesión do Comité Español de Matemáticas (CEMat) e outras institucións.

O texto reivindica as matemáticas como “estratéxicas e singulares porque afectan positivamente ás variables nas que, segundo todos coinciden, se baseará a recuperación económica, o establecemento de novos modelos de pensamento, emprendemento, internacionalización, intercambio de coñecemento, aplicacións prácticas no mundo privado, formación de profesionais con gran competencia e produtividade, así como innovación e desenvolvemento”.

Publicidade

Deste xeito, a declaración sinala unha serie de accións agrupadas en catro puntos: formación matemática en todos os niveis do sistema educativo; apoio e promoción da carreira profesional; investigación; e coordinación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións