Venres 26 Abril 2024

Unha guía recolle as 800 especies de cogomelos da illa de Cortegada

O investigador do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Saúl de la Peña presentou o venres na Facultade de Bioloxía a Guía Micológica de la Isla de Cortegada, froito do traballo dun grupo de seis persoas cuxa intención principal é dar a coñecer esta illa única en Europa polos seus valores micolóxicos. A guía destaca por ser a publicada en Galicia co maior número de especies de setas e por supor un traballo cun dos seguimentos (13 anos) máis longos e que aínda segue en curso.

Portada_libro

Na Illa de Cortegada –o lugar de Europa estudado ata a data con máis especies por superficie– atopáronse ata hoxe máis de 800 especies, das que 620 se recollen na guía en fotografías. Ademais, nestes anos os investigadores descubriron tres novas “aínda que se pensa que haberá unas 30”, explicou De la Peña. Nese espazo aparecen tamén catro especies da Lista Vermella Europea e 9 da Lista Vermella Preliminar de Fungos Ameazados na Península Ibérica.

Publicidade

Na presentación púxose de manifesto tamén a problemática actual da xestión do parque, que a maiores do cambio climático ten que enfrontarse á desaparición das cabras e a sobrecarga de xabarís, un dos principais inimigos dos fungos.

Acompañaron no acto a Saúl de la Peña o director do Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e o presidente da Federación Galega de Micoloxía e á súa vez da asociación A Cantarela, unha das de maior antigüidade e prestixio de Galicia.

As persoas interesadas en mercar o libro deben poñerse en contacto co seu autor a través do correo saul.delapena@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Praia de Sartaxéns, cultivo da ameixa babosa

O feito de que Cortegada forme parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas se debe á riqueza das súas augas

Antigo cuartel da garda de asalto, testemuña dos bosques autóctonos de Galicia

A vexetación exuberante que rodea ás ruínas é un dos rasgos máis característicos das illas que conforman o arquipélago de Cortegada

Ermida da Virxe de Cortegada, sobre o pasado histórico da illa

Nesta contorna atopamos tamén unha aldea abandonada e o bosque de loureiro máis grande da Península Ibérica

Antiga aldea de Sálvora, unha pegada do pasado mariñeiro

A reforma das construcións responde probablemente á realizada en 1962, despois de que a familia Otero recuperase a propiedade da illa