Unha das mensaxes que circularon sobre as iniciativas para reforestar os montes queimados.

Unha das mensaxes que circularon sobre as iniciativas para reforestar os montes queimados.

O perigoso bulo das sementes: alerta da SGHN contra a reforestación indiscriminada

A entidade emite un comunicado no que desaconsella as iniciativas que circulan pola rede sobre uso de sementes para recuperar o monte

As noticias falsas e os bulos nas redes tamén apareceron na vaga de incendios que afecta a Galicia estes días. No medio do caos do domingo, circularon informacións falsas sobre a explosión de gasolineras, a evacuación do hospital Álvaro Cunqueiro ou a suposta existencia dunha rede organizada de incendiarios arredor da cidade de Vigo.

Unha vez controlados os lumes, propagáronse polas redes sociais numerosos chamamentos para rexenerar as zonas queimadas e xerar pasto para os animais. Ante estas informacións, a Sociedade Galega de Historia Natural emitiu este martes un comunicado no que desaconsella este tipo de actuacións, de non ser supervisadas por expertos e científicos. “Unha boa intención non ter por que dar sempre bos resultados”, conclúen.

“É difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe (do mesmo lugar de onde se vai sementar) como que se correspondan realmente a especies autóctonas”, afirma o texto. Engaden tamén que “na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter”, como a aparición de “especies vexetais exóticas invasoras”.  Aínda que o uso de cereais sería “un mal menor”, din que “deberían ser estériles para que unha vez completado o seu proceso non deixaran pegada”.

Lembra tamén que o uso inadecuado de sementes “é unha preocupación grave” en países como os Estados Unidos. “En moitos estados esíxese que as sementes estean certificadas se estar libres de especies alóctonas e invasoras”. Amais, sinalan que “moitos sitios non se deberían pisar tralos incendios, pois aceleran o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo”. No caso das especies pratenses, utilizadas para campos de herba e pradeiras artificiais, o perigo é maior porque “son en moitos casos especies alóctonas, algunhas delas de carácter invasor”.

Aquí podes ler o comunicado completo da SGHN

3 respostas a “O perigoso bulo das sementes: alerta da SGHN contra a reforestación indiscriminada”

  1. Jose Manuel Gómez Fariña

    Estou de acordo con alguen que nonbrou as castañas, as landras de carballo do país, que este ano temos por miles o pe de cada árbore, paréceme que semente autóctona temos de sobra sin ter que comprala, estaría ben, ir a recollela cos mais cativos para fundamentar as bases de unha boa educación po la Protección da naturaleza, e que aprendan desde noviños a preservar os entornos nos que viven, podrianse organizar grupos de voluntarios para a recollida de castañas, bellota, e rarear pino noviño e transplatalo os montes queimados, e falando de plantar deveriase facer se se quere igual con voluntarios, pero dirigidos por profesionales en plantío, eu personalmente cos meos fillos estariamos disponibles sábados po la tarde, e algún domingo.

    • Fernando

      Ola José Manuel, é moi loable a túa intención e anímote a facelo, pero como ben dis asesorado ou coordinado por profesionais que saiban dirixir as operacións minimizando o impacto sobre o chan e orientando sobre as especies máis axeitadas para favorecer a revexetación das zonas queimadas. Aquí vos deixo un pequeno manual elaborado por Amigos da Terra, que parece que teñen pensado organizar algunha actuación ao respecto proximamente: http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/wp-content/uploads/2017/10/Despois-dos-Lumes_como-actuar_Amigos-da-Terra.pdf
      Por certo, o último que precisamos é volver a plantar piñeiros nas zonas arrasadas, por moito que sorprenda a algúns trátanse todos eles de especies pirófitas e exóticas na nosa terra. Saúde

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.