A campaña recolle o lugar e a data onde foron avistadas por última vez as especies. Foto: lostspecies.org.

A campaña recolle o lugar e a data onde foron avistadas por última vez as especies. Foto: lostspecies.org.

Na busca das 25 especies perdidas

Unha asociación pon en marcha unha campaña mundial para localizar seres vivos que non se ven desde comezos do século XX

Milleiros de especies extínguese todos os anos na Terra. Algúns científicos xa alertan de que se está a producir a maior perda de biodiversidade desde a desaparición dos dinosauros. E moitos outros seres vivos levan xa tempo en perigo de extinción. Ante este panorama, a organización Global Wildlife Conservation acaba de poñer en marcha a campaña Lost Species, na que apela á colaboración cidadá para atopar as 25 especies “máis buscadas” do planeta, ademais dunha lista maior, de 1.200 tipos de seres vivos que fican “desaparecidos para a ciencia”.

No portal ‘lostspecies.org’ amósanse os resultados dun traballo elaborado entre máis dun cento de científicos. Compilaron información de especies como o tiburón de Pondicherry (Carcharhinus hemiodon), avistado por última vez no ano 1979 no golfo de Omán, ou a tartaruga xigante de Fernandina (Chelonoidis phantastica), endémica das Galápagos, que non se ve desde o 1906, ou o canguro arbóreo Wondiwoi, visto en Indonesia no ano 1928.

Gran parte destas especies atópanse nas zonas tropicais, sobre todo nas selvas do Sueste Asiático, América, África e Oceanía, aínda que dentro das 1.200 especies tamén hai algunhas “perdidas” en territorio español e  portugués, sobre todo nas Illas Canarias, Azores e Madeira.

Desde Global Wildlife Conservation solicitan a colaboración dos investigadores e afeccionados á natureza para notificar calquera evidencia a Lost Species. En caso de atopar algún destes seres, é posible contactar coa organización a través do correo info@lostspecies.org.

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.