Na imaxe de arriba, o mamífero e na de abaixo, os plásticos inxeridos. Fonte: CEMMA.

Na imaxe de arriba, o mamífero e na de abaixo, os plásticos inxeridos. Fonte: CEMMA.

Atopan macroplásticos en dous mamíferos mariños mortos nas costas galegas

A CEMMA denuncia a elevada presenza de plásticos no mar, que estes animais poden chegar a confundir con comida

Nestes días están a aparecer nas costas galegas mamíferos mariños con plásticos no estómago. Esta semana, responsables de CEMMA, (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), analizaron un cachalote pequeno (Kogia braviceps), atopado morto en Louro. Este mamífero mariño inxeriu dúas pezas de plástico, unha delas cunha lonxitude de 1,6 metros. A isto súmase tamén a aparición dun cifio común (Ziphius cavitrostris) en Camariñas. Esta familia de cetáceos é a que presenta un maior número de obxectos de orixe antrópica no seu interior.

O cifio varado en Camariñas

O cifio varado en Camariñas. Fonte: CEMMA

Cada vez hai máis plásticos lanzados ao mar. Segundo Alfredo López, Coordinador de CEMMA, esta situación estase a agravar. Os grandes mamíferos mergulladores, xunto coas tartarugas mariñas e os lobos mariños, son os animais máis prexudicados por esta situación. No caso dos primeiros, o 40 % dos cachalotes presentan este material no seu corpo. Nalgunha ocasión, causa de morte. No cifio común esta porcentaxe aumenta ata o 70 %.

Os microplásticos son, segundo Alfredo López, aqueles cun tamaño inferior a 5 mm. Os que sobre pasan esa cifra son considerados macroplásticos. Este problema é grave, posto que os animais adoitan a confundir os plásticos con alimentos. As tartarugas mariñas confúndenos con medusas e os grandes mergulladores con cefalópodos.

Ás veces os plásticos poden levar outras substancias adheridas. Isto devén en efectos químicos a longo prazo. Os plásticos pequenos poden pasar ao aparallo dixestivo, pero os máis grandes téñeno máis complicado. “O plástico vai estar dentro do estómago e e este vai segregar ácidos continuamente, o que remata por afectar á saúde do animal”, sinala o experto. Ademais, se o material non se descompón pode derivar na morte do animal por inanición, posto que carece de sensación de fame.

As tartarugas mariñas e os lobos mariños afectados son normalmente son exemplares xuvenís. “Son animais que están aprendendo, polo que se meten na boca calquera cousa”, apunta Alfredo.  O biólogo lembra un caso do ano 2003, cando atoparon un cachalote na Praia de Espiñeirido, en Ribeira, cun cabo de plástico de máis de 22 metros. “Hai que alarmarse porque o tema é gravísimo: toda a columna de auga está chea de plástico. Non son os mariñeiros, a maior parte dos plásticos vén de terra”, alerta.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.