Venres 26 Abril 2024

Científicos da NAFO avalían en Vigo o stock de fletán en Terranova

O Centro Oceanográfico de Vigo acolle ata o venres 7 de marzo a reunión do consello científico da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO) que servirá para preparar a avaliación do stock de fletán negro nos bancos de Terranova.

Segundo explica Diana González, unha dos 25 expertos que participan no encontro, trátase dunha reunión preparatoria da que haberá en xuño, na que xa se avanzarán as recomendacións de xestión do caladoiro.

Publicidade

Os investigadores manexarán unha serie de fórmulas matemáticas e estatísticas que lles permiten predicir cal é a poboación da especie. Parten dos datos que se recollen cada ano tanto en campañas científicas como as que achegan os buques comerciais. Desde o 2011, que foi cando levou a cabo a última avaliación deste tipo, mantéñense o mesmo modelo de xestión. O sector galego aposta por un cambio.

O fletán negro é un dos principais recursos explotados pola frota de altura española na área da NAFO, que está integrada por 15 buques, a maioría de Vigo. Na actualidade a cota de capturas é de 14.800 toneladas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

Un equipo de Vigo estuda como mellorar a pesca de arrastre para protexer os cetáceos

O IEO está probando dispositivos para reducir os descartes e evitar a captura accidental de especies protexidas

A temperatura da ría de Vigo foi estable ata 2020: estamos ante un cambio brusco de ciclo?

Un equipo do IEO recoñece que está sendo un "verán atípico" e con valores moi altos nas Rías Baixas, pese á tendencia dos últimos 30 anos