O Instituto de Altas Enerxías convoca as súas bolsas de verán

O único centro galego distinguido como Unidade de Excelencia María de Maeztu ofrece 10 prazas para investigar nos vindeiros meses

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro da USC e da Xunta recoñecido como Unidade de Excelencia María de Maeztu, lanza a primeira edición do seu programa de bolsas de verán de inicio á investigación, ofrecendo 10 axudas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora.

As persoas beneficiarias realizarán prácticas formativas extracurriculares e terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas de investigación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías baixo a supervisión dun investigador ou investigadora principal. Ademais, durante a súa estancia poderán participar nas súas actividades científicas e formativas.

Publicidade

As bolsas están dotadas con 750 euros máis unha axuda de desprazamento cun importe máximo de 500 euros para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 euros para estudantes residentes na comunidade galega. As bolsas terán unha duración dun mes e desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto ou setembro.

Requisitos

– Cursar estudos correspondentes ao último ou penúltimo curso de calquera titulacións no Espazo Europeo de Educación Superior ou en calquera sistema universitario. Resérvanse 8 bolsas para estudantes dos graos en Física, Matemáticas, dobre grao Matemáticas-Física, enxeñerías ou titulacións equivalentes.

– Ter superados o 55% dos créditos da titulación.

– Ter unha nota media do seu expediente académico igual ou superior a 8 puntos sobre base 10.

Solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, utilizando o formulario de solicitude dispoñible no seguinte enderezo dirixido ao Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a seguinte documentación:

–  Copia da certificación ou expediente académico do grao ou título equivalente no que consten as cualificacións obtidas e con expresión da nota media en base 10 obtida nos estudos oficiais que estea a cursar ou cursase a persoa solicitante. No suposto de realizar estudos no estranxeiro nun idioma diferente ao inglés, dita certificación deberá presentarse coa tradución oficial ao español ou galego.

– Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2018/2019 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente.

– Curriculum vitae da persoa solicitante.

– Carta de motivación coa expresión do interese na obtención da bolsa. Coa presentación da solicitude as persoas solicitantes asinarán unha declaración responsable manifestando que a documentación achegada e a información declarada é veraz e comprometéndose a presentar a documentación orixinal no caso de que lles fose requirida en calquera momento do proceso de selección ou durante o goce da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 14 de xuño de 2019.

Avaliación

A ordenación das solicitudes farase de acordo cos seguintes criterios, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos.

– Expediente académico da persoa solicitante, que suporá o 70% da valoración obtida.
– Currículo vitae presentando, no que se terán en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado supoñerá o 20% da valoración obtida.

– Expresión de interese das persoas aspirantes formulada na carta de presentación, que supoñerá o 10% da valoración obtida.

Máis información nas bases reguladoras ou enviando un correo a communication@igfae.usc.es indicando no asunto “Bolsas de verán“.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O estudo da USC sobre o impacto terapéutico da música esténdese ao norte de Portugal

O proxecto analizará o efecto que as composicións melódicas poden ter nas enfermidades neuropisicomotoras e no envellecemento

▪️ O Lyme en Galicia: “Houbo un aumento exponencial nos últimos 15 anos"

Lugo é a provincia con maior incidencia dunha doenza que transmiten as carrachas do xénero 'Ixodes', moi abundantes en territorio galego

Un equipo de Santiago descobre unha nova terapia contra un cancro agresivo de tiroides

Un estudo do CiMUS publicado na revista 'Nature Communications' elimina de forma selectiva as células cancerosas sen danar as sas

O que hai que ter en conta para escoller unhas boas lentes de sol

Hoxe en día podemos atopar lentes de sol a prezos moi alcanzables en bazares ou internet pero a calidade visual que proporcionan é nefasta