Cartel do Encontro Internacional de xóvenes emprendedores.

Cartel do Encontro Internacional de xóvenes emprendedores.

Vigo acolle o V Encontro Internacional de xóvenes emprendedores

O evento, organizado polas tres galegas, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa, inclúe un concurso de ideas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá os vindeiros días 22 e 23 de marzo a quinta edición do Encontro Internacional de Xoves Emprendedores (EIXE). O evento, organizado polas tres galegas e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa, está dirixido principalmente a estudantes e graduados destas institucións que queiran apostar por novas ideas de negocio.

No marco do encontro celebrarase, como en anos anteriores, os participantes presentarán os seus proxectos empresariais dentro dun contexto de colaboración internacional. Un xurado seleccionará as ideas finalistas e, posteriormente, o gañador.

Alén deste certame, celebraranse charlas e mesas redondas sobre aspectos relevantes da innovación e o emprendedurismo na eurorexión, nas que intervirán poñentes relevantes dentro deste ámbito, así como representantes de institucións e organismos vinculados ao desenvolvenento empresarial.

 

Os interesados en participar poden inscribirse a través do formulario de inscrición nesta ligazón.

Máis información, na páxina do EIXE.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.