Domingo 19 Maio 2024

Furacán Ofelia: chegará a Galicia?

Os prognósticos son claros: o furacán Ofelia, ou o que quede del, afectará a Galicia. É aventurado predicir a intensidade coa que chegará o vindeiro domingo, e a súa dirección exacta, pero os modelos de predición coinciden en que a súa traxectoria apunta cara o noso país.

Segundo informa MeteoGalicia, a tormenta tropical Ofelia formouse o pasado luns ao suroeste das illas Azores. O primeiro aviso recibiuse no National Hurricane Center (NHC) dos Estados Unidos. Estaba nunhas latitudes pouco habituais, máis ao norte do normal, e tamén máis preto de África. Así, estaba no límite entre os ventos alisios que a moverían cara América e os ventos do oeste que o desprazarían cara Europa.

Publicidade

A día 11 segue movéndose preto das Azores, como tormenta tropical, con ventos de entre 63 e 118 km/h e refachos sostidos de 90 km/h. A previsión do NHC é que nas seguintes 36 horas se converta en furacán de categoría 1. Durante venres, sábado e domingo podería ter ventos sostidos de 130 km/h.

Pola súa parte, o portal meteorolóxico 4gotas.com analiza os sistemas de predición a medio e longo prazo das axencias europeas e estadounidenses. Con estes datos, parece que a tormenta pasará paralela a Galicia, sen afectala de cheo, aínda que cerca para deixar fortes refachos de vento.

Chegará ao final do domingo

Non en tanto, antes de tocar terra, o NHC di, segundo apunta MeteoGalicia, que Ofelia debería facer a transición a tormenta extratropical e a forza do vento diminuiría algo ao chegar a augas máis frías, aínda que nas primeiras horas do luns manteríanse por riba dos 100 km/h. Sería algo máis semellante a unha forte borrasca.

Con estes datos, desde a axencia autonómica conclúen, coa información do día de hoxe, que podería haber ventos importantes en Galicia na noite do domingo e na madrugada do luns. Polo de agora, non parece que as chuvias vaian ser significativas.

Estes son algúns dos modelos de predición:

Momentos máis probables para a chegada de Ofelia e probabilidade de verse afectados por ventos superiores aos 60 km/h. Fonte: Meteogalicia.
Momentos máis probables para a chegada de Ofelia e probabilidade de verse
afectados por ventos superiores aos 60 km/h. Fonte: Meteogalicia.

 

Modelos de predición da traxectoria de Ofelia nos vindeiros días. Fonte: 4gotas.com.
Modelos de predición da traxectoria de Ofelia nos vindeiros días. Fonte: 4gotas.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cambio climático e incendios: as principais ameazas das bolboretas en Galicia

As especies comúns están a salvo a curto prazo, mais os factores antrópicos supoñen un perigo para a preservación destes artrópodos

A UVigo deseña un modelo para predicir os efectos do cambio climático na biodiversidade

Un equipo da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra desenvolve un sistema capaz de propoñer melloras que reduzan o risco de incendios e inundacións

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

Abril de 2024 foi o máis caloroso dende que existen rexistros globais

A temperatura foi 1,49 graos superior á media do período comprendido entre 1991 e 2020