Conferencias sobre o impacto do cambio climático na agricultura en Galicia

O cambio climático e a súa posible incidencia no sector agrario en Galicia centra a temática sobre a que versarán os distintos relatorios do ciclo Luis Asorey García, un programa formativo e de divulgación organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa USC e a Deputación Provincial de Lugo que se desenvolverá no lugués Pazo de San Marcos do 13 ao 22 de novembro.

O catedrático da USC e académico Antonio Rigueiro Rodríguez ofrecerá o 13 de novembro o relatorio inaugural deste ciclo cunha intervención na que abordará a planificación dun barrio multiecolóxico como modelo de resilencia urbana, contemplada entre as accións do proxecto Life Lugo+Biodinámico. ‘Evolución do clima en Galicia. Evidencias e escenarios futuros’ é o título da conferencia que ofrecerá ao día seguinte no no Pazo de San Marcos o catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Publicidade

A incidencia do cambio climático na agricultura en Galicia e tamén na súa gandería e na sanidade animal, así como os efectos apreciados ou futuros na produción forestal en Galicia, constitúen os temas sobre os que tratarán respectivamente no marco deste ciclo os profesores da USC Francisco Sineiro, Pablo Díez Baños e Roque Rodríguez Soalleiro.

Unha mesa redonda sobre cambio climático e biodiversidade, na que intervirán como relatores os profesores e investigadores da USC Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Augusto de Castro Lorenzo e Julián Alonso, será o preludio do epílogo desta nova edición do ciclo de conferencias Dr. Luis Asorey García, un foro que pechará o 22 de novembro a directora  Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Cruz Ferreira Costa, cunha exposición sobre a estratexia galega de cambio climático e enerxía.

Publicidade

As persoas interesadas en participar como asistentes neste ciclo, un programa recoñecido pola Xunta de Galicia como actividade formativa para profesorado non universitario, poden formalizar de xeito gratuíto e ata o 3 de novembro a súa solicitude no rexistro da Deputación Provincial de Lugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"