Eugenio Vázquez (der.) xunto á raíña Letizia.

Eugenio Vázquez (der.) xunto á raíña Letizia.

Sementes contra o cancro no CiQUS de Santiago

O investigador Eugenio Vázquez buscará novas liñas de investigación oncolóxica coa financiación da Asociación Española contra o Cancro (AECC)

Un proxecto promovido polo investigador do CiQUS Eugenio Vázquez obtivo unha das 140 axudas que concede anualmente a Asociación Española contra o Cancro (AECC). A iniciativa, enmarcada nun novo programa bautizado como Ideas Semilla, pretende impulsar estratexias innovadoras na contorna científica que poidan traducirse en novas terapias no futuro.

A entrega oficial da axuda tivo lugar o pasado venres en Madrid, ao longo dun acto encadrado no movemento mundial de impulso á investigación oncolóxica. Presidido pola raíña Letizia, (Presidenta de Honra da Asociación e da Fundación Científica AECC), o encontro canalizou a adxudicación dun total de 12 millóns de euros, repartidos entre 10 proxectos centrados en distintas fases da enfermidade. Segundo afirma a propia Asociación nun comunicado, “o obxectivo fundamental é converter aos investigadores nos principais protagonistas, dándolles a oportunidade de desenvolver ideas innovadoras que poidan abrir novas liñas de investigación para combater o cancro”.

Vázquez recibiu financiación na categoría ‘Ideas Semente’

Na mesma convocatoria, a viguesa Mónica Martínez conseguiu un contrato de investigación, que desenvolverá no CiBio de Vigo.

“Foi unha grande alegría”, afirmaba o profesor Eugenio Vázquez. “Esta axuda dános un apoio moral enorme, xa que nos permite continuar cunha liña de traballo que comezamos en 2013 e non puidemos finalizar por falta de financiamento; sen o apoio da AECC tería quedado aparcada indefinidamente, se cadra, pero agora esperamos poder completala”.

O investigador amosábase moi ilusionado ante os próximos meses de traballo: “sempre tentamos abordar proxectos que puidesen xerar beneficios á sociedade, aínda que normalmente moi a longo prazo. Neste caso trátase dunha investigación máis aplicada, orientada a resultados que poidan mellorar no futuro as terapias actuais”, sinala.

Vázquez quixo salientar tamén o papel do centro: «a axuda da AECC non só é un altofalante moi grande para dar a coñecer o noso traballo, senón tamén o do CiQUS; unha contorna privilexiada para abordar estes desafíos na fronteira entre a química e a bioloxía», sentencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.