Xoves 25 Abril 2024

O físico galego que desmonta Fukushima

A enorme tarefa que afronta a ciencia para resolver o problema da contaminación xerada na central nuclear de Fukushima conta coa aportación do talento galego. O físico pontevedrés Carlos Paradela Dobarro traballa nun equipo do Instituto de Materiais e Medidas de Referencia (IRMM) de Geel (Bélxica) na procura de solucións para a recuperación e tratamento do material radioactivo que aínda se atopa na central, e que constitúe unha ameaza permanente para o seu entorno. “Descontaminar Fukushima é una tarefa que levará décadas e haberá que inventar ciencia para afrontar os retos que implica o estado da central nuclear”, concluiu o científico .

Paradela (primeiro pola esquerda), xunto a Jorge Mira, José Ramón Chaves e Pablo Carpintero.
Paradela (primeiro na dereita), xunto a Jorge Mira, José Ramón Chaves e Pablo Carpintero.

Paradela repasa o acontecido na central xaponesa dende o tsunami que afectou a catro dos seis reactores en 2011. “A día de hoxe o problema máis grave que hai en Fukushima é a auga almacenada nos sotos dos reactores que se filtra por baixo da central e vai parar ao mar, contaminando o mesmo”, indicou o investigador do Centro Común de Investigación de la Comisión Europea, quen se referiu tamén á contrucción dun muro de xeo que se está a efectuar ao redor da propia central para evitar que as filtracións terminen no mar. O formigón non ten o poder aislante que si ten o xeo e por iso que se constrúe un illamento deste tipo que será financiado polo Goberno xaponés.

Publicidade

Entre as diversas innovacións que se están a utilizar en Fukushima, Paradela citou tamén o uso de raios cósmicos para realizar unha especie de radiografía do estado da central e, deste xeito, poder localizar onde se atopa o combustible fundido para poder retiralo. Precisamente este é o terreo no que traballa o equipo de Paradela. A súa experiencia no traballo con neutrones é moi importante para caracterizar os restos de combustible da central.

Os robots non resisten e van crear un muro de xeo para conter a radiación

“Os xaponeses queren construir na contorna da central un acelerador de partículas semellante ao que temos nós en Bélxica para realizar in situ os estudios sobre os residuos e acadar a mellor forma de retiralos”, explicou o investigador galego, que falou tamén sobre o traballo que se está a desenvolver con robots para chegar aos reactores e identificar o material que alí se atopa. “De momento é complicado porque os robots resisten pouco tempo polo elevados niveis de contaminación existentes pero co paso dos anos será máis doado acceder con robots a estas zonas”, sinalou.

Paradela lembrou as palabras do responsable do equipo de descontaminación de Fukushima, Naohiro Masuda, quen dixo que será necesario inventar “nova ciencia” para afrontar os grandes retos que implica a situación na que se atopa a central nuclear despois do accidente. “É unha tarefa que vai a implicar a varias xeracións e animo aos máis xoves a que poidan chegar a participar nela porque vai ser necesario seguir inventando nos vindeiros anos para atopar solucións aos problemas que irán xurdindo”, concluiu o investigador.

1 comentario

  1. Que curioso que em Geel nomeiem em castelhano às suas equipas de trabalho. Assim como as instituições europeias.
    Polo demais, mui interessante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o estreptococo ‘carnívoro’ que desata a alarma en Xapón?

O país asiático está a detectar unha tendencia a unha maior circulación dunha cepa hipervirulenta que xa deixa 378 casos no que levamos de ano

O raro estreptococo que se propaga por Xapón: debemos preocuparnos en Galicia?

O epidemiólogo Juan Gestal chama á calma e apunta que dende a covid a sociedade é “moi sensible ante o anuncio de calquera gromo"

De Vigo a Xapón: así se adaptan as comunidades pesqueiras ao cambio climático

A investigadora da UVigo Xochitl É. Elías Ilosvay participa xunto a un grupo de expertos nun estudo na illa xaponesa de Shikoku

Que sabemos dos cortes de enerxía das centrais nucleares en Ucraína?

As forzas rusas ocuparon as infraestruturas de Chernóbil e Zaporiyia, aínda que, de momento, os expertos aseguran que non hai unha ameaza inmediata