‘Nature’ certifica a mellora dos recursos pesqueiros na UE

O profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC Sebastián Villasante xunto cun equipo de investigadores ingleses publicaron en Nature un novo estudo que pon de manifesto que a xestión dos recursos mariños no Atlántico Norte (Mar Báltico e Mar do Norte) está mostrando unha notable mellora na redución da mortalidade pesqueira e o incremento da abundancia das especies comerciais entre 2001 e 2015. “ Estas boas novas contrastan co aínda delicado estado dos recursos no Mediterráneo e no Mar Negro”, matiza Villasante.

Sebastián Villasante.
Sebastián Villasante.

As melloras experimentadas obedecen a unha serie de factores claves na xestión pesqueira europea que actuaron de forma simultánea, como son un maior cumprimento das recomendacións científicas efectuadas polos grupos de traballo do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) por parte do Consello Europeo, unha mellora substancial na loita contra a pesca ilegal –non regulada e non regulamentada–, unha maior participación do sector na toma de decisións e a progresiva consideración dos aspectos socioeconómicos na política pesqueira europea.

Publicidade

No artigo Europe: keep fisheries catches sustainable apúntase ademais que a superación das cotas de pesca aprobadas polo Consello non necesariamente provoca, per se, unha situación de sobrepesca por parte dos Estados membros “dado que é preciso avaliar a evolución da mortalidade pesqueira real e a biomasa reprodutora nas pesqueiras a través de campañas de avaliación dos stocks”, matiza o investigador da USC.

Hai máis loita contra a pesca ilegal e cumprimento de criterios científicos

Por último, os investigadores cuestionan a recomendación da Unión Europea de seguir os modelos de xestión pesqueira máis avanzados como o dos Estados Unidos. “Se ben a comunidade científica considera exitosa a xestión biolóxica dos recursos nese país, a dimensión socioeconómica reviste connotacións totalmente diferentes ás do sector pesqueiro europeo”, explica Villasante. De feito, a Magnuson-Stevens Act de 2007 establece que os efectos socioeconómicos só se teñen en consideración para reducir o volume de cotas de pesca dos pescadores, non para incrementalas. Xa que logo, este factor reviste particular relevancia “na medida en que podería afectar sensiblemente a rendibilidade e supervivencia da industria pesqueira, en particular naquelas zonas como Galicia altamente dependente da pesca”, conclúe.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Tecnoloxía galega e vasca moderniza a pesca costeira do bonito

Un grupo da UVigo e do centro tecnolóxico Leartiker desenvolve solucións para reducir o esforzo dos pescadores e mellorar a eficiencia do proceso

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria