Cartel do I Premio Contar A Ciencia 'La Caixa', organizado por GCiencia.

Cartel do I Premio Contar A Ciencia 'La Caixa', organizado por GCiencia.

Lidia Dosil gaña o I Premio Universitario La Caixa de Comunicación Científica

Estudante de Comunicación da Universidade de Vigo, logra o premio organizado por GCiencia coa súa reportaxe 'A física vai ó balneario'

Lida Dosil Tajes, alumna da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra, resultou a gañadora do I Premio Universitario ‘La Caixa’ de Comunicación Científica, un certame que convoca Gciencia (gcbeta.dev.atlantiae.com), a web da ciencia galega.

Dosil, natural de Noia (A Coruña), presentou unha reportaxe titulada ‘A física vai ó balneario’, no que trata as aplicacións que investigadores da Universidade de Vigo realizan a partir de algas, nunha iniciativa na que colaboran o Departamento de Física Aplicada e o Hotel Talaso Atlántico de Oia.

O xurado do premio estivo integrado por representantes da Fundación La Caixa, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a delegación territorial en Galicia do CSIC e un representante de Gciencia. Nas súas votacións, valoraron o gran nivel dos traballos presentados, nun certame que tivo como finalistas, pola calidade dos seus traballos, a Andrea Espiñeira (‘Medicina genómica bajo el paraugas de Ángel Carracedo’), Sabela González (‘La escritura de la luz’), Carlos Rey (‘Trastornos del sueño: enfermedades más allá de la consciencia’), Sara Pérez Seijo (‘Innopharma: una huella galega en la industria farmacéutica’) y Andrea Oca (‘Salud mental: trabajar con la parte sana’).

O certame quere animar ós universitarios á divulgación científica e a coñecer os seus campus

Divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas, promover o xornalismo científico e animar ós estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus foi o obxectivo do I Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica, convocado por La Caixa e GCiencia, a web da Ciencia en Galicia.

O certame contou coa participación das tres universidades galegas –A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo– e estaba dirixido a estudantes das facultades de Periodismo e Comunicación para que, a través de reportaxes escritas ou audiovisuais, ou mediante a combinación de ambas as dúas modalidades, investigasen e contasen a ciencia que se fai nos seus campus. GCiencia publicou as mellores reportaxes escritas ou audiovisuais enviados polos participantes.

O Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica quere involucrar ós estudantes galegos no coñecemento da investigación que se desenvolve nos seus campus, moi preto de onde cursan as súas titulacións, así como promover o periodismo e a divulgación científica entre os futuros profesionais da comunicación.

GCiencia é a web da ciencia galega. Cun extraordinario crecemento en público e contidos desde a súa creación en 2013, é actualmente o 8º medio de comunicación de Galicia e o primeiro entre os dixitais, segundo o ránking Alexa, o estándar máis fiable sobre tráfico en Internet.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.