camera

Modelo de cámara escura.

Cinco sinxelos trucos para observar a eclipse

Lentes especiais de cartolina ou sinxelas cámaras escuras, alternativas para presenciar o espectáculo do 20 de marzo

Nada de radiografías, negativos de fotos velados ou cristais afumados. Botar unha ollada ao sol na eclipse deste venres pode ser moi perigoso para a vista, se non se realiza coas debidas precaucións.

Actualmente existen no mercado lentes de cartolina creados especificamente para a contemplación deste tipo de fenómenos, que se venden por menos de cinco euros. Contan con filtros específicos que evitan todo riesgo.

Existen igualmente filtros que se poden adaptar aos telescopios ou prismáticos e que, ademais da eclipse, permiten observar as manchas que se ven na súa superficie do Sol.

Eclipse total de sol.

Eclipse total de sol.

Outra posibilidade, máis cara, consiste en facerse cun dos telescopios especialmente fabricados para a observación solar, cun filtro específico chamado H-alfa integrado dentro do tubo, que permite en calquera momento contemplar as protuberancias solares emerxendo do bordo do Sol.

Se non temos a posibilidade de contar con este tipo de filtros, existen outras dúas formas para observar unha eclipse solar sen perigo ningún. Unha delas consiste en crear unha sinxela cámara escura. Debemos escoller unha ventá orientada cara ao Sol, cubrila cunha cartolina ou papel de aluminio e facerlle un pequeno burato dun par de milímetros de diámetro. O fino feixe de luz que sae dese burato debe proxectarse nun folio branco, afastado polo menos dous metros da cartolina, para que o disco solar se vexa dun tamaño axeitado. O cuarto debe estar o máis escuro posible. Isto mesmo pódese facer usando unha caixa de cartón.

A quinta posibilidade consiste en proxectar a imaxe dun pequeno prismático ou un telescopio sen filtro. Simplemente debemos poñer unha cartolina branca detrás e proxectar a imaxe que sae do ocular sobre esta. Se enfocamos, veremos mesmo as manchas solares de maior tamaño.

Galicia será una testemuña privilexiada na eclipse do día 20. Distintas organizacións e institucións organizan reunións para observar o fenómeno, como a que terá lugar na praia viguesa do Vao.

Unha resposta a “Cinco sinxelos trucos para observar a eclipse”

  1. Marta Rdz Vizcaya

    Poderiades dicirme en que tipo de establecementos podo mercar as gafas de cartulina das que falades?
    Moitas grazas!

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.