Facultade de Informática da Coruña. Wikipedia.

Facultade de Informática da Coruña. Wikipedia.

Bolsa europea de 1,5 millóns para un investigador en computación da Coruña

Carlos Gómez, experto en linguaxe e informática, acada unha prestixiosa Starting Grant para o seu proxecto Fastparse

Carlos Gómez.

Carlos Gómez.

A capacidade dos ordenadores para entender a linguaxe é un dos avances máis determinantes en computación nos últimos anos. Tradutores, control por voz, sistemas de identificación… o obxectivo é que as computadoras poidan recoñecer non só as nosas palabras, senón a nosa sintaxis e mesmo entoación. Nesta liña de traballo investiga o profesor da Universidade da Coruña Carlos Gómez Rodríguez, que vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do European Research Council (ERC). O financiamento, de 1,5 millóns de euros para que os próximos cinco anos, permitirá a Gómez desenvolver o seu proxecto FASTPARSE. O investigador xa tiña importantes traballos previos relacionados coa análise sintáctica polos ordenadores. E investiga no grupo de Lingua e Sociedade da Información da UDC.

O ERC ten este programa de apoio a investigadores excelentes, moi competitivo, creado no ano 2007 co que se financian proxectos de investigación de vangarda de ciencias e humanidades. Na convocatoria do ano pasado, España obtivo só dez bolsas deste tipo.

A Universidade da Coruña suma esta nova starting grant á concedida en 2012 ao profesor da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Héctor Gómez Díaz. Carlos Gómez pertence ao departamento de Computación, na área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e imparte docencia nas facultades de Informática e Filoloxía.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.