As mulleres están moi presentes nos grupos de investigación, pero seguen sen acceder aos postos directivos. Na foto, grupo de Inmunoloxía da Uvigo.

As mulleres están moi presentes nos grupos de investigación, pero seguen sen acceder aos postos directivos. Na foto, grupo de Inmunoloxía da Uvigo.

As mulleres seguen sen acceder aos postos directivos na ciencia en España

En Galicia o número de investigadoras sitúase oito puntos por riba da media europea, segundo o informe "Científicas en Cifras 2015"

 

O informe “Científicas en Cifras 2015“, elaborado polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, ofrece unha visión agridoce sobre a situación das mulleres no mundo da ciencia en España. A parte positiva é a elevada porcentaxe de investigadoras no Estado respecto ao conxunto da Unión Europea. Actualmente, un 39 por cento do total das persoas que desenvolven traballos de investigación son mulleres, fronte ao 33 por cento do total da UE. O documento, que se vén publicando desde hai case un decenio, ofrece unha ampla visión sobre a situación das mulleres na carreira investigadora.

Por sectores, os datos tamén son positivos. Na Administración pública española, o 46 por cento das científicas son mulleres, fronte ás 42 de cada 100 no conxunto de Europa. Na ensinanza superior, a cifra tamén é lixeiramente superior (42 fronte a 41). A maior diferenza positiva a favor das mulleres respecto á UE obsérvase na empresa, aínda que o porcentaxe de mulleres investigadoras non chega, con todo, á terceira parte do total. En España, a porcentaxe é do 31 por cento, fronte ao 20 por cento de toda a Unión.

Galicia sitúase dous puntos por riba da media española no total de investigadoras, co 41 por cento. É especialmente positiva a presenza femenina nas Administracións públicas no país, cun 55 por cento de investigadoras. Na empresa (30 por cento) e na ensinanza superior (43,2 por cento) as cifras son semellantes ás do conxunto do Estado.

 

Con todo, a fenda de xénero en España segue moi presente nos postos de maior rango. No grupo A, correspondente ao título de catedrático, só un 21 por cento son mulleres, cifra semellante á media europea. Amais, só hai unha rectora nas universidades públicas, e ningunha directora xeral nos organismos públicos de investigación.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.