Xoves 28 Marzo 2024

Adiviñas científicas nas fachadas das cidades

Un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación converteu as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo, co obxectivo de achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido. Trátase dunha acción de divulgación científica que combinou en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato.

Santiago foi a primeira localidade na que se celebrou Big Ciencia, un proxecto impulsado pola Axencia Galega da Innovación da Xunta, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecit). Foi o pasado 11 de decembro na Praza do Obradoiro sobre a fachada do reitorado da Universidade. A xira continuou o día 13 na Coruña, o 14 en Lugo e o 20 en Ourense, para rematar o 21 en Vigo. O concurso tomou así as principais rúas das cidades durante as vésperas do Nadal e nel participaron cidadáns que se animaron a medir os seus coñecementos fronte a un rival.

Publicidade

A gran novidade do Big Ciencia radica en que o taboleiro de xogo, no que se proxectaron a gran escala as preguntas e as respostas, foi a fachada dun céntrico edificio da cidade na que se levou a cabo o evento, o que converteu cada acción en única. Isto foi posible grazas ao uso da proxección arquitectónica de gran formato, unha técnica ata o momento reservada a actividades de carácter artístico e que permitiu a Big Ciencia crear un novo concepto de divulgación científica totalmente innovador e de grande impacto visual. Ademais, todos os interesados nesta tecnoloxía audiovisual tiveron a posibilidade de coñecela de cerca nun taller práctico que se realizou nas cinco cidades galegas 45 minutos antes do concurso.

A mecánica do Big Ciencia é moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos. Para participar non era necesario inscribirse previamente, e botaba a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os pulsadores e a xigantesca pantalla. As preguntas eran tipo test e os participantes debían elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Precisamente este comodín do público fomentou a participación de todos os asistentes ao concurso, que tiña o obxectivo de enganchar desde un principio dada a súa axilidade. Tras tres fases eliminatorias, coñecíase o nome do gañador en cada cidade.

Big Ciencia rematou o 21 de decembro en Vigo, pero desde o blog da actividade pódese descargar un xogo dixital co que os galegos poderán seguir concursando desde as súas casas, ao tempo que descobren interesantes e curiosos contidos científicos. Precisamente ese blog actuou como diario de bitácora do concurso, que tamén conta cunha páxina en Facebook a través da que centos de galegos seguiron día a día os preparativos da iniciativa e pudieron adestrar para o día da competición na súa cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA