Domingo 28 Abril 2024

Unha eclipse solar cun anel perlado de lume

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Bedingfield.
Créditos da imaxe e copyright: Stephen Bedingfield.

Explicación: que clase de eclipse é esta? Visible en zonas do hemisferio sur da Terra, o sábado a Lúa bloqueou parte do Sol durante unha eclipse parcial de sol. Aínda que nalgures o efecto foi o dun estraño tipo de eclipse parcial chamado eclipse anular. Alí, como a Lúa estaba demasiado afastada da Terra para bloquear por completo ao Sol, a luz solar fluía ao redor dos bordos da Lúa creando un “anel de lume“. Aínda que por veces o efecto foi un estraño tipo de eclipse anular. Daquela, un bordo da Lúa aliñábase case cun bordo do Sol, permitindo á luz solar fluír só por terras baixas da Lúa. Denominado unha “pérola de Baily” ou “anel de diamantes”, este efecto dobremente raro foi captado o domingo na fotografía publicada desde Chubut (Arxentina), en Suramérica. Este verán unha eclipse solar total varrerá toda Norteamérica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito