Explicación: quen garda o Norte? Xulgando a fotografía de enriba, posiblemente árbores xigantes cubertas de neve e xeo. A fotografía publicada tirouse hai uns poucos invernos na Laponia finesa, onde o tempo acostuma traer temperaturas baixo cero e intensas nevaradas. Ás veces o resultado son paisaxes surrealistas, onde as árbores comúns se agochan baixo un manto branco e semellan, ás veces, extraterrestres vixilantes. Lonxe na distancia, por tras desta vista terrestre, pouco común, hai unha vista máis habitual; un cinto de Venus que dividía un ceo escuro do alumeado mentres o Sol se erguía por tras do fotógrafo. Como é natural, na primavera, as árbores desconxélanse e Laponia parece moi diferente.