Domingo 28 Abril 2024

Formación estelar na nebulosa do Cágado

Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright: Francesco Antonucci
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright: Francesco Antonucci

Explicación: que vén sendo toda esa conmoción na nebulosa do Cágado? Unha formación estelar. A emisión poeirenta na nebulosa do Cágado, IC 410, atópase a uns 12.000 anos luz de distancia na constelación setentrional do Carreteiro (Auriga). A nube de gas brillante ten uns 100 anos luz de diámetro, esculpidos por ventos estelares e radiación procedente do cúmulo estelar aberto NGC 1893 incrustado. Formado na nube interestelar hai tan só 4 millóns de anos, as estrelas brillantes recén formadas do cúmulo vense todo ao redor da nebulosa de formación estelar. Preto do centro da imaxe destacan dúas correntes relativamente densas de material procedente das rexións centrais da nebulosa. Estas formas de cágado cósmico, lugares posibles de futura formación estelar en IC 410, teñen uns 10 anos luz de lonxitude. A imaxe publicada foi tirada en luz infravermella polo satélite Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE ou “Explorador de Sondaxes en Infravermellos de Amplo Campo) da NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón