Venres 19 Abril 2024

Galicia submarina: o illote de Viños nas illas Cíes

O illote de Viños, situado na canle entre as illas Norte (Illa do faro e Monteagudo) e Sur (San Martiño) do arquipélago de Illas Cíes, no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é unha pequena xoia en canto a biodiversidade mariña.

O equipo de Ecoloxía Azul tivo a sorte de realizar multitude de inmersións nos seus arredores por mor de varios de proxectos de investigación que levaron a cabo nas augas que o rodean, como o estudo sobre os movementos de pintos e maragotas, ademais das probas marcado coas rayas mosaico e a filmación dun documental de natureza.

Publicidade

Descrición

Trátase dun pequeno afloramento rochoso que na súa parte emerxida presenta unha clara estrutura en forma de U coa súa abertura orientada ao sur. Dende o extremo suroeste esténdese unha lingua rochosa que penetra na canle entre as dúas illas, diseminándose no seu extremo distal ata desaparecer na area.

Este baixo anexo é de natureza granítica formado por bloques que alcanza na súa totalidade os 250 m de lonxitude e os 55 m de anchura.

Maragota marcada en Viños durante el desarrollo del proyecto ARTEVIGO. Foto: David Villegas.
Maragota marcada en Viños durante o desenvolvemento do proxecto ARTEVIGO. Foto: David Villegas / BEC.

Fondo

Está rodeado dun fondo areoo e de cascallo (bioclastos de bivalvos) cunha profundidade media de 10 metros. É unha área cun forte hidrodinamismo, froito do ritmo mareal, o que provoca a profusión de especies de flora e fauna. O baixo que se atopa no seu extremo suroeste é eminentemente rochoso, atopando alternancia de rocha e area/cascallo na súa parte máis distal, o que propicia variedade de hábitats.

Inmersión en Viños. Foto: David villegas.
Inmersión en Viños. Foto: David Villegas / BEC.

Dificultade

É unha inmersión sinxela e de pouco fondo. Moi recomendable para inmersións nocturnas, se se ten experiencia e se posúen boas cualidades en orientación.

Vida mariña máis frecuente

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña
00:03:35

A titánica loita dun polbo por sobrevivir ao ataque dun congro nas Rías Baixas

Un estudo describe as grandes habilidades destes moluscos para escapar e loitar contra os seus depredadores

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

Así é como unha cría de polbo trata de camuflarse nas profundidades das Cíes

O biólogo mariño Jorge Urcera captura a imaxe dun individuo que levanta dous dos seus tentáculos para facerse pasar por unha alga