O cambio climático é unha realidade que pode impactar directamente no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por unha banda, o incremento da temperatura terrestre danaría ás dunas fixas, e tamén, ao mato. O proxecto da investigadora María Jesús Iglesias estuda, a través de cámaras de quecemento pasivo, o nivel de conservación que poden acadar estes espazos baixo estas circunstancias. A intención, máis alá que a parte científica, é concienciar da importancia de protexer os sedimentos.