Mércores 24 Abril 2024

Voorwerpjes no espazo

Voorwerpjes no Espazo
Créditos da imaxe: NASA, ESA, William Keel (Univ. Alabama).

Explicación: o misterioso Voorwerp de Hanny, termo holandés para “Obxecto de Hanny”, é realmente enorme, máis ou menos do tamaño da galaxia Vía Láctea, e brilla de xeito moi potente na luz verdella producida polos átomos de osíxeno ionizado. Pénsase que se trata dunha cola de marea de material que deixou unha antiga fusión galáctica, alumeada e ionizada polo estoupido dun cuásar que habita no centro da afastada galaxia espiral IC 2497. O seu emocionante descubrimento en 2007 pola mestra holandesa Hanny van Arkel mentres estaba a participar no proxecto “en liña” Galaxy Zoo xa inspirou unha procura co descubrimento de oito pantasmais aparicións cósmicas verdes máis. Nestes paneis, fotografados polo Telescopio Espacial Hubble, aparecen as oito galaxias achegadas cos seus núcleos enerxéticos. Estes obxectos, moi afastados das súas galaxias asociadas, probablemente sexan tamén ecos de actividade de cuásar, alumeados só mentres a luz que procede do estoupido dun cuásar central chega a eles e, finalmente, vai esmorecendo deceas de milleiros de anos despois de que o propio estoupido se extinguise. Claro está que unha fusión galáctica como a inminente da nosa propia Vía Láctea e a galaxia Andrómeda, tamén podería desencadear o nacemento dun cuásar que alumearía a nosa distante versión futura do Voorwerp de Hanny.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente