eclipse dobre de Sol

Unha eclipse dobre de Sol

eclipse dobre de Sol

Créditos da imaxe e copyright: Thierry Legault.

Explicación: pode ser eclipsado o Sol dúas veces ao mesmo tempo? O venres pasado foi digno de atención porque parte da Terra recibiu o agasallo dunha estraña eclipse total de Sol. Pero tamén, o venres, desde unha parte da Terra que só ollaba parte do Sol eclipsado, un segundo obxecto apareceu perante o Sol simultaneamente: a Estación Espacial Internacional, que orbita a Terra. Aínda que as eclipses da estación espacial son moi rápidas (neste caso só 0,6 segundos), non son tan raras. Capturar esta imaxe composta levou unha chea de planificación e unha chisca de sorte, mentres o fotógrafo tiña que esquivar unha serie de terceiros obxectos que seguían tamén, de xeito irritante, aliñados por diante do Sol: nubes. A secuencia superior de imaxes superpostas de vídeo tirouse desde Fregenal de la Sierra, na España meridional. O disco escuro da Lúa domina a parte inferior dereita, mentres a superficie con textura do Sol amosa varios filamentos e, por riba do bordo, unha prominencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.