Venres 26 Abril 2024

O remanente da supernova Puppis A

Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman.
Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman.

Explicación: o remanente de supernova Puppis A, dirixido pola explosión dunha estrela masiva, está a voar polo interior do medio interestelar que o arrodea a uns 7.000 anos luz de distancia. A esa distancia, este campo telescópico cheo de cor baseado en datos de imaxes ópticas de banda ancha e estreita ten uns 60 anos luz de diámetro. Mentres o remanente de supernova se expande polo interior do seu contorno desigual e grumoso, so filamentos de átomos de osíxeno impactados brillan en cores verde azuladas. O hidróxeno e o nitróxeno son de cor vermella. A luz procedente da propia supernova inicial, desencadeada polo colapso dun núcleo estelar masivo, tería acadado á Terra hai uns 3.700 anos. Realmente, o remanente Puppis A óllase ao través da emisión periférica procedente do máis achegado pero máis antigo remanente de supernova Vela, preto do ateigado plano da nosa galaxia Vía Láctea. Puppis A, aínda brillante en todo o espectro electromagnético, fica sendo unha das fontes máis brillantes do ceo en raios X.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150