Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile

Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile

Penacho de lava do monte Etna

O volcán siciliano e é un dos máis activos do planeta Terra, e a súa lava elévase ata máis dun quilómetro de altura

Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile

Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile

Explicación: o monte Etna estivo entrando en erupción durante centos de milleiros de anos. Situado en Sicilia (Italia), o volcán produce fontes de lava dun quilómetro de altura. O monte Etna non é só un dos volcáns máis activos da Terra, é un dos máis grandes, medindo uns 50 quilómetros na súa base e erguéndose a unha altura de case 3 quilómetros. Na fotografía de mediados de marzo, sube un espectacular penacho de lava e voan perigosas bombas volcánicas fundidas polas abas, mentres os quentes fluxos de lava caen polo exterior do volcán. A rotación terrestre distínguese polos ronseis estelares nesta imaxe de longa duración, feita coidadosamente baixo o luar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.