Venres 26 Abril 2024

Arcos de cor sobre Bos Aires

Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)
Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)

Explicación: que son eses arcos de cor no ceo? Coma os arcos da vella que son provocados pola chuvia, os arcos de luz solar rota nas súas cores compoñentes tamén poden acontecer cando os cristais de xeo que flotan na atmosfera da Terra actúan xuntos coma un prisma xigante. O arco de cor do cumio é máis normal formando parte do halo de 22 graos que arrodea ao Sol canto os cristais de xeo hexagonal producen a refracción da luz solar entre dúas das súas seis facianas. Aínda que máis estraño é o arco de cor de abaixo. Chamado ás veces arco da vella de fogo, este arco circumhorizontal tamén é creado polo xeo, non polo lume nin sequera a chuvia. Aquí, unha serie de cristais planos de xeo, horizontais e finos, das nubes cirro máis altas refractan a luz solar entre as facianas superior e inferior cara o observador. Estes arcos só acontecen canto o Sol está máis alto ca 58 graos sobre o horizonte. O ceo que se amosa mira ao noroeste da primeira hora da tarde do mes pasado sobre a rúa Diagonal da cidade de La Plata,Buenos Aires (Arxentina).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural