Achegándose a Plutón


Créditos do vídeo: NASA, Johns Hopkins U. Applied Physics Lab., Southwest Research Inst.
Explicación: velaquí está Plutón. A nave espacial automática New Horizons da NASA está agora máis alá da órbita de Neptuno e chegando rápido ao mundo sen explorar máis famoso do Sistema Solar. O vídeo secuencia publicado amosa a Plutón e a súa meirande lúa, Caronte, orbitando o seu centro de masas común en 13 fotogramas tirados entre o 12 e o 18 de abril. Aínda que borrosas, as imaxes do vídeo rivalizan xa coas mellores imaxes de Plutón tiradas ata o de agora desde a Terra. A New Horizons fica co plan de pasar a fume de carozo o afastado planeta anano o 14 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cantos meteoritos impactaron contra a Terra? Descúbreo neste mapa interactivo

A ferramenta da NASA recompila a información recollida polos seus sensores dende 1988 e actualízase periodicamente

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150