Venres 29 Marzo 2024

Así foi a chegada de Perseverance á superficie de Marte

A NASA difunde o primeiro vídeo da historia no que se pode observar como un obxecto enviado polo humano acada o planeta vermello

Despois da chegada do ‘rover’ Perseverance á superficie de Marte, a axencia estadounidense NASA difundiu este luns novas testemuñas do fito acadado por esta misión o pasado xoves. O vehículo enviou un vídeo que recolle os minutos finais da entrada na atmosfera marciana, o descenso e a ‘amartizaxe’ no planeta vermello. Ademais, un dos micrófonos que levar incorporados achegou tamén as primeiras gravacións de son procedentes de Marte.

O vídeo, de algo menos de tres minutos e medio de duración, recolle como a nave se achega ao cráter Jezero, na zona prevista para tocar a superficie marciana. Segundo informa a NASA, a metraxe comeza a 11 quilómetros de altura, uns minutos despois de que a nave entrase na atmosfera superior a máis de 20000 km/h., e finaliza cando a etapa de descenso se separa do vehículo, unha vez que as súas rodas tocan terra, e sae disparada cara a arriba.

Publicidade

Tamén se pode contemplar, entre outros instantes, como se abre o paracaídas (minuto 0:12) e a caída do escudo térmico (minuto 0:30) que protexeu ao ‘rover’ das altas temperaturas que se produciron na entrada á atmosfera marciana.

“Para os que se preguntan como aterrizar en Marte, ou por que é tan difícil, ou o xenial que sería facelo, non fai falta ver nada máis, expuxo o responsable interino da NASA, Steve Jurczyk. “O vídeo é o máis cerca que se pode estar de chegar a Marte sen poñer un traxe de presión”, engadiu Thomas Zurbuchen, administrador asociado de ciencia da NASA.

 

Perseverance acadou o seu fito arredor das 21.55 (hora central europea) do pasado xoves, cando comezou o momento crítico da misión. Dun modo automático, tendo en conta o retardo das comunicacións con Marte (uns 11 minutos), a nave reduciu a súa velocidade desde os 20000 km/h ata os 3km/h, para pousarse suavemente sobre a superficie do planeta.

Perseverance buscará agora posibles restos de vida microbiana no planeta vermello. Para isto explorará o cráter Jezero, preto do ecuador de Marte, onde se cre que hai miles de millóns de anos houbo un lago de auga formado na desembocadura dun río. Agárdase que nun futuro as mostras poidan regresar á Terra noutra misión para seren estudadas e abrir, probablemente, o camiño á futura exploración humana do planeta vermello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón