Xoves 25 Abril 2024

Así é a abraiante biodiversidade de Madagascar

O grupo Divulgare da Universidade de Vigo publica un novo traballo no que aborda a evolución bioxeográfica desta illa africana

Madagascar é un tesouro natural no medio do océano Índico. Unha das illas máis grandes do mundo, cunha superficie semellante á da Península Ibérica, que se separou de África hai 150 millóns de anos, xunto con India, que á súa vez se separou hai 65 millóns de anos. Desde entón, o seu illamento provocou que aquí se desenvolveran especies únicas no mundo. Hoxe, preto do 80% das que viven en Madagascar son endémicas da illa.

Ata alí viaxou o grupo de Divulgare, da Universidade de Vigo, para elaborar o seu novo traballo. No percorrido que realizaron durante as súas viaxes de campo por Madagascar, elaboraron o audiovisual de máis de nove minutos, no que se explica como a xeografía, a xeoloxía e a bioloxía conformaron un hábitat moi peculiar.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos