Sábado 27 Abril 2024

O duelo entre un lagarto arnal e un liscanzo na serra do Barbanza

O portal de divulgación Ría de Noia recolle o intento de captura e a táctica de defensa do outro réptil, capaz de desprenderse de parte do corpo para fuxir

Un individuo de lagarto arnal (Timon lepidus) móvese polo monte Iroite, cumio da serra do Barbanza na procura de alimento. Albisca un parente, tamén da suborde dos lacertilios, que na evolución perdeu as súas patas; é o liscanzo, ou escáncer (Anguis fragilis), un réptil moi habitual na xeografía galega, completamente inofensivo. E desátase entón un duelo que é toda unha lección de supervivencia. A imaxe conseguiuna captar Enrique Martínez, do portal de divulgación Ría de Noia, dedicado a difundir a natureza da contorna desta localidade.

O lagarto atrapa coa mandíbula ao liscanzo, que se comeza a revolver para fuxir. E de súpeto, obsérvase a autotomía, un dos mecanismos de defensa que utilizan algúns animais, como lagartos e artrópodos, para protexerse dos depredadores. Tal e como explica Enrique Martínez, o escáncer pode desprenderse dunha parte da súa cola para distraer ao atacante e fuxir.

Publicidade

Durante uns minutos, o lagarto mantén atrapado o liscanzo na súa boca, baixo a mirada doutro compañeiro. Pero a captura non acabou con éxito. Martínez apunta que a presa era demasiado dura e voluminosa para o lagarto. Finalmente acaba desistindo, e o liscanzo queda libre.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Laboratorio Ecosocial do Barbanza: a semente para un futuro asentado nas orixes

Unha investigación arredor de tres espazos da península procura rescatar prácticas sustentables impulsadas polas propias comunidades

Os rebrotes en Galicia causan o maior número de casos novos de Covid-19 no último mes

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Sanidad sete novos casos durante o mércores, segundo o informe difundido esta tarde

Focos e rebrotes en Galicia: un risco real nas vindeiras semanas

Os contaxios detectados no Barbanza obrigan a activar o seguimento de contactos e a poñer en corentena a arredor dun cento de persoas

A vaga de calor provoca no Barbanza as temperaturas máis altas de España

A estacións da Aemet no monte Iroite e Boiro sitúanse entre os dous valores máis altos durante a xornada do mércores e o xoves