O pasado domingo estreouse Planet Earth II, da BBC, en prime time. Ben o merece. Nada de deixar os documentais para a hora da sesta. En Reino Unido son moi bos e van en hora punta. Medio país (e parte do estranxeiro) están pendentes da segunda parte dunha serie que cambiou a historia dos documentais fai xa dez anos. E a primeira escena de caza da nova tempada ten removido aos espectadores das súas butacas e logo sacudiu as redes sociais. Nela vese unha trepidante carreira pola vida: unhas iguanas recentemente nadas foxen dun escuadrón da morte.
A narración da espectacular serie corresponde a Sir David Attenborough, que aos seus 90 anos segue modulando a voz como ninguén. A súa reputación precédelle, suma máis de 60 anos de experiencia e é a única persoa cun premio Bafta en branco e negro, en cor, en HD e en 3D.
É imposible non tremer con esta escena, que amosa a gran calidade dos documentais dunha televisión pública: a BBC.