Mércores 8 Maio 2024

Vigo e Santiago brillan no ránking mundial de investigación

As universidades de Vigo e Santiago brillan no ránking mundial de producción científica, que elabora CWTS Leiden. Santiago exhibe músculo en número de artigos publicados. E Vigo, na calidade dos mesmos polo número de citas en papers en revistas de alto impacto. Pola súa banda, A Coruña mantén unha tradición preocupante: tampouco aparece neste ránking entre as 750 mellores do mundo.
O ránking de Leiden ten moitas variables que permiten moitas lecturas. Vigo é a terceira de España con máis publicacións de calidade no 10% das máis citadas do mundo. Sen dúbida inflúe neste baremo o científico David Posada, quen ten un artigo publicado na revista ‘Nature‘ que está no Top 100 dos máis citados no mundo en toda a historia.

O ránking de Leiden mide a producción científica mundial.
O ránking de Leiden mide a producción científica mundial.

Pero as cifras de Vigo son excelentes noutros eidos. No ránking de número de publicacións é a 16 de España, onde existen 65 institucións superiores, algunhas delas de longa historia e grandes orzamentos, e por baixo da viguesa. E tamén é a quinta de España en publicacións sobre o 50% da media. No ránking xeral mundial é a 312 en calidade de citas e a 509 en número de publicacións.
Santiago sitúase no posto 334 de entre 750 universidades de todo o mundo en número de publicacións entre os anos 2010 e 2013. Pero está por baixo de Vigo en calidade porcentual das citas, co posto 470 fronte ao 312 da universidade do sur de Galicia. A USC é a 12 de España en número de publicacións, aínda que en calidade das citas está en algunhas áreas por baixo de Vigo.

O impacto das publicacións de Vigo fai que se sitúe en postos de privilexio

A USC destaca no eido da Vida e ciencias da terra, quinta de España, e no de Biomedicina e ciencias da saúde no sétimo lugar das universidades españolas polo seu volume de produción. No seu conxunto, a Universidade de Santiago sitúase no décimo segundo posto das institucións universitarias españolas, tanto se ten en conta o tamaño como non.
Por eidos, a Universidade de Vigo acada a súa mellor clasificación nas ciencias naturais, seguido das ciencias da vida, as ciencias ambientais, as sociais e o campo das matemáticas e enxeñarías.
En calquera caso, os datos de Vigo e Santiago son positivos, pois atópanse no Top-500 do mundo. E hai que recordar que no mundo hai máis de 21.000 universidades. E que o ránking nos primeiros postos está absolutamente dominado polas institucións dos Estados Unidos.
Capítulo aparte merece a Universidade da Coruña. Unha vez máis, está desaparecida dos rankings internacionais de investigación.

Publicidade

Podes consultar todos os datos
neste enlace do Ránking de Leiden

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo feito en Lugo revela que case o 30% dos adolescentes sofren fobia a quedar sen móbil

A investigación USC saca á luz a relación deste medo irracional co consumo de alcol, tabaco e cánnabis

Os linfocitos ‘Natural Killers’: unha alerta contra o cancro de mama máis agresivo

As chamadas células asasinas naturais segregan uns tipos de citoquinas que activan a resposta inmunitaria

Un equipo da UDC analiza con láser a contaminación das pontes de Praga

Unha alumna procedente da República Checa realiza a súa tese na institución galega con vistas a futuros procesos de restauración

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares