Xoves 25 Abril 2024

Santiago coordina un proxecto europeo para xerar biofuel

O grupo do profesor M. Arturo López Quintela coordina o proxecto europeo Bac-To-Fuel (Bacterial conversion of CO2 and renewable H2 into biofuels). Mediante a utilización de clústeres cuánticos sub-nanométricos, o proxecto pretende mellorar os baixos rendementos actuais da fotoxeración de hidróxeno con luz solar a partir de auga para alcanzar producións de hidróxeno –a escala de planta piloto- economicamente competitivas coas fontes actuais de produción.

Tamén se busca dar un paso importante na bioprodución de biofuel a partir de CO2 recuperado das atmosfera utilizando bacterias modificadas xeneticamente, capaces de reducir con grande eficiencia o CO2 utilizando o hidróxeno fotoxenerado.

Publicidade

O obxectivo é que Bac-To-Fuel, mediante a integración de diferentes grupos líderes nos seus respectivos ámbitos de traballo, permite á UE liderar a nivel mundial a produción de biofuel por medios totalmente sustentables, reducindo á súa vez a contaminación ambiental.

Os grupos integrantes de Bac-To-Fuel, financiado con 3 millóns de euros dentro do programa H2020, acaban de celebrar a súa primeira xuntanza coa participación, ademais da USC, dos grupos de investigación participantes, procedentes das universidades de Lancaster (Reino Unido), Wageningen (Holanda), Técnica de Berlín (Alemaña), así como das empresas Nanogap e VITO (Bélxica). O seguimento do proxecto levarao a doutora María Georgiadou (project officer, Bruselas).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desenvolto o mapa máis completo de interaccións para a supervivencia das bacterias

Os resultados revelan detalles ata o de agora descoñecidos destes mecanismos e ofrecen posibles dianas para o desenvolvemento de novos antibióticos

Achado un novo mecanismo de control do ciclo vital dos fagos

Científicos do CSIC describen un sistema que permite aos virus das bacterias alternar entre multiplicarse ou a latencia

Son microbióloga e isto é o que nunca como e os sitios onde nunca comería

Despois de ler este artigo, nunca volverás a mirar a leituga en bolsa da mesma maneira

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"